CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


318 votos
Votar | | | |


19-04-2024

Queremos Galego convoca a manifestación do 17 de maio

Queremos Galego
A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca de novo a manifestación do Día das Letras Galegas en Compostela. O lema da convocatoria deste ano é "Un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva".


A plataforma cidadá Queremos Galego volve convocar a sociedade galega a unha manifestación o 17 de maio. Sairá, como é habitual, ás 12.00 desde a Alameda de Santiago de Compostela.

Un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva

Este é o lema da mobilización deste ano, coa cal se busca reclamar aos gobernos galego e español unha maior "responsabilidade legal e moral co idioma". No ano en que se fan 20 anos da aprobación por unanimidade do Plan xeral de normalización da lingua galega, a plataforma cidadá pide que se implementen máis accións a favor do galego en todos os ámbitos, "para reverter a situación de emerxencia lingüística".

Presentación da manifestación

O 19 de abril Queremos Galego presentou esta convocatoria en rolda de prensa na Libraría Couceiro de Compostela. Na presentación a actriz María Vázquez leu o manifesto, que recorda que o Plan xeral de normalización da lingua galega foi elaborado coa participación de máis de 1000 persoas de todos os ámbitos e aprobado por unanimidade parlamentar. Conta con 400 accións e medidas concretas que, nestes 20 anos, non só non se desenvolveron, senón que sufriron importantes retrocesos. "Para unha Galiza viva, activa e consciente das súas capacidades", afirma o texto, que se pode asinar en liña, "precisamos dun goberno realmente comprometido coa súa obriga de promover o uso, presenza e disposición do idioma, cun galego vivo".

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da plataforma Queremos Galego, asegurou que "cómpre darlle a volta á regresión que vén sufrindo a aplicación do Plan xeral de normalización da lingua galega nos últimos anos" e "comezar unha nova etapa de avances para o galego". E recordou que esta necesidade foi sinalada tanto polas entidades sociais como polo Consello de Europa, que pediron á Xunta e ao goberno central que actuase neste sentido.

Algúns exemplos do panorama actual sobre a lingua denunciados polo voceiro da plataforma son "a desaparición do galego nas escolas infantís, as dificuldades para as aulas en galego con EDIXGAL, a ausencia de contidos audiovisuais infantís -incumprindo a lei- en RTVE, o acceso aos webs da Administración por defecto en castelán, os servizos que non entenden nin atenden en galego" e "a nova vaga de deturpación da toponimia".

Marcos Maceira recordou que "é posíbel mudar a situación" e que "as accións necesarias para reverter o descenso no uso do galego están aprobadas desde hai case 20 anos no Plan xeral de normalización da lingua galega". "O galego defínenos e identifícanos colectivamente, é mostra de autoestima, de orgullo colectivo, de capacidade de desenvolvemento e sitúanos no mundo como pobo con vontade de existir nun mundo plural e diverso", rematou Maceira. Por iso, segundo recolle o manifesto que acompañará a manifestación o próximo 17 de maio, "é hora de os gobernos asumiren a súa responsabilidade legal e moral co idioma, a comezar pola Xunta de Galiza, e acompañar a sociedade que actúa e se mobiliza día a día para termos o galego vivo, Galiza viva".

Na presentación da manifestación participaron, alén de María Vázquez e Marcos Maceira, Laura Borraxo, Dores Vidal, Xela Armas, Suso Bermello, Arantxa Nogueira, Sara Seco e Xosé Ramón López Boullón (en representación dalgunhas das entidades que integran a plataforma cidadá).

Autobuses para facilitar a asistencia á manifestación do 17 de maio

A plataforma Queremos Galego porá á disposición das persoas que o desexen transporte colectivo desde todas as comarcas, a prezos económicos. A información dos puntos de saída está dispoñíbel no web da plataforma.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego