CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1997 votos
Votar | | | |


03-05-2024

Bases para crear unha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Arzúa

Concello de Arzúa
O Concello de Arzúa publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de técnicos/as de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición libre e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais desde o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP.





O Concello de Arzúa convoca un proceso selectivo para crear unha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo A1 como técnicos/as de normalización lingüística.

FUNCIÓNS DA PRAZA

Serán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística de acordo coas bases da convocatoria de axudas da Deputación Provincial da Coruña (consulta aquí as últimas convocadas). Daquela, divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación, de asesoramento interno e de coordinación con outras administracións.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

De acordo coa base 5.ª son as seguintes:
- licenciatura/grao en filoloxía galego–portuguesa, filoloxía galega ou filoloxía hispánica (sección galego–portuguesa)
- outras titulacións superiores (lienciados/as ou graduados/as) pertencentes ás áreas de humanidades ou de ciencias xurídicas e sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

SISTEMA DE SELECCIÓN

O proceso selectivo seá mediante oposición libre, que incluirá dous exercicios obrigatorios e eliminatorios:

a) Proba teórica: consistirá en responder un cuestionario sobre o temario do anexo I das bases. A proba terá 30 preguntas con catro respostas alternativas e deberá realizarse nun tempo máximo de 45 minutos. A cualificación máxima deste proba é de 15 puntos e para superala é necesario acadar 7,5 puntos.

b) Proba práctica: consistirá en realizar un suposto práctico determinado polo tribunal relacionado cun suposto/situación de índole teórico–práctica, referido ao contido do temario anexo e relacionado coas funcións do posto de traballo, e deberá realizarse nun tempo máximo de 60 minutos. A cualificación máxima deste exercicio será de 20 puntos e para superalo haberá que acadar 10 puntos.

PRAZO

Será de 10 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP. En consecuencia, o prazo está aberto até o 13 de maio.

DURACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO

A bolsa de emprego terá unha validez de tres anos.

Bases completas, convocatoria, temario e modelo de solicitude, en .pdf (BOP do 3 de maio de 2024)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego