CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


7154 votos
Votar | | | |


12-06-2008

As universidades galegas presentan o Mestrado Interuniversitario de Política Lingüística e Planificación da Lingua

Logos universidades galegas
No curso académico 2008/2009 desenvolverase conxuntamente nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo a primeira edición do Mestrado de Política Lingüística e Planificación da Lingua, que tamén conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O prazo de inscrición comezará o 1 de xullo.


Coa coordinación xeral de Henrique Monteagudo, da USC, a coordinación de prácticas de Goretti Sanmartín, da UdC, e a coordinación de recursos de apoio á docencia de Anxo Lorenzo, da USC, desenvolverse por primeira vez no curso académico 2008/2009 o Mestrado Interuniversitario de Política Lingüística e Planificación da Lingua.

Este mestrado terá unha distribución total de 60 créditos (+ 6 do módulo de adaptación) para ministrar nun curso académico. Ofrécense dúas modalidades: profesional (orientada á práctica profesional) e académica (que equivale ao DEA, e abre a posibilidade de realizar unha tese de doutoramento).

As sesións formativas presenciais terán lugar nas tres universidades e para moitas das sesións recorrerase á teledocencia e ás aulas virtuais.

O mestrado constará de cinco módulos: un de adaptación (para participantes que non teñan a licenciatura en Filoloxía Galega ou equiparábel); un módulo xeral de política lingüística, planificación e lexislación; un módulo sobre a situación social do idioma galego; un módulo sobre a planificación do corpus; e un módulo sobre a planificación do estatus, a xestión e a dinamización. Ademais, haberá prácticas e memoria (para a modalidade profesional) e traballo de investigación (para a modalidade académica).

O profesorado será principalmente universitario e estará formado por membros das tres universidades; entre eles: Henrique Monteagudo, Goretti Sanmartín, Anxo Lorenzo, Alba Nogueira, Xaime Subiela, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Pilar García Negro, Xosé Manuel Sánchez Rei, Ernesto González Seoane, Francisco Fernández Rei, Xosé María Gómez Clemente, Iolanda Galanes, Xavier Guinovart, Xosé Antón Fernández Salgado ou Francisco Dubert.

A docencia ministrarase as tardes dos martes, mércores e xoves, desde outubro a maio (ambos os dous incluídos), e en módulos de dúas horas (de 16.30 h a 18.30 h e de 18.30 h a 20.30 h).

O prazo para inscribirse comezará o 1 de xullo e a información estará dispoñíbel proximamente no web dos programas oficiais de posgrao da USC.

Programa completo no arquivo anexo (.pdf)


Ligazóns relacionadas


Programa do Mestrado Interuniversitario de Política Lingüística e Planificación da Lingua 08/09 (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego