10-09-2024No novo curso da CTNL aprenderemos a empregar as redes sociais como ferramentas valiosas para a NL
A CTNL organiza os días
17, 24 e 31 de outubro o curso
As redes sociais, unha ferramenta valiosa para a normalización lingüística. O curso terá lugar en Compostela e impartirao
Verónica Ramallal Trevín, licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e CEO de
Pekecha.
POR QUE ESTE CURSO?As finalidades deste curso son:
- Coñecer de primeira man as
posibilidades e oportunidades que ofrece a contorna dixital en procesos de normalización lingüística.
- Descubrir as
principais ferramentas, como poden axudarnos en cada proceso (ou mesmo ás veces prexudicarnos), aprender a deseñar unha estratexia marcada e conseguir optimizalas para que con menos investimento de tempo e recursos poidamos sacarlles o máximo proveito.
- Aprender a
empregar a creatividade nelas para usar valor de marco.
OBXECTIVOS DO CURSO- Coñecer aos principais recursos dixitais que temos á nosa disposición.
- Entender as tendencias, como son os hábitos de consumo delas e o seu uso.
- Aprender as súas dinámicas internas.
- Descubrir como crear unha estratexia tanxible e medible con base nos obxectivos.
- Ver casos prácticos de éxito.
- Coñecer a linguaxe dixital que conforma todo o que é unha estratexia de márketing dixital.
CONTIDOSMódulo 1. A contorna dixital na actualidade- O proceso de transformación dixital que estamos vivindo.
- Oportunidades e ameazas da nova contorna.
- Chegou a IA. Cara a onde imos?
- Centrémonos no máis aplicable, que está funcionando? Exemplos prácticos
-
Landings e redes sociais
Módulo 2. As redes sociais en profundidade- Situación actual do panorama das redes sociais.
- Unha por unha: Facebook
- Pinterest
- X
- Instagram
- Tik Tok
- Cal é a máis adecuada para min?
- Práctica
Módulo 3- Calendario editorial
- Modelos de IA para auxiliar procesos
- Ferramentas de uso máis práctico. Aplicación práctica.
- A importancia do libro de estilo para a xeración de marca.
Módulo 4- Os podcast e streaming en desenvolvemento.
- Canles de vídeo
- Xeración de
engagementMódulo 5- As comunidades virtuais. Tipos de perfís. Segmentación de
target e comunidade.
- Campañas disruptivas. Exemplos. Vantaxes e desvantaxes.
- Medición de datos e
retargeting- Campañas de ADS. G.Grants
Peche da formación con presentación e intercambio, sobre cada proxecto, de práctica e impresións.
Brainstorming final e conclusións.
DOCENTEVerónica Ramallal Trevín, CEO de
PekechaLicenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, cun máster pola Escola de Medios de La Voz de Galicia e curso de aptitude pedagóxica pola Universidade de Santiago de Compostela.
Na actualidade é a CEO de Pekecha como formadora en áreas de Márketing Dixital para cámaras de comercio, confederacións empresariais e varias universidades e escolas de negocio.
PERSOAS DESTINATARIAS- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Membros de equipos de normalización e dinamización da lingua do ensino
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
Límite de prazas:
25DURACIÓN DO CURSO15 horasDATAS E HORARIO-
17 de outubro de 2024, en horario de 9.00 a 13.30 h (aula B13)
-
24 de outubro de 2024, en horario de 9.00 a 13.30 h (aula D07)
-
31 de outubro de 2024, en horario de 9.30 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h (aula D07)
LUGAR DO CURSONa
Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela)
PREZO- Para socias/os da CTNL: 30 euros
- Para estudantes ou persoas desempregadas: 45 euros
- Para non socias/os da CTNL: 80 euros
PRAZO DE INSCRICIÓN-
Do 16 de setembro ao 7 de outubro de 2024AVISO:
non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.
ORGANIZA-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN-Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Filoloxía)
-Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (Secretaría Xeral da Lingua)
Información completa e formulario de inscriciónConvocatoria completa, en .pdf