17-09-2024Vivir e perdurar na nosa lingua, os XXVI Encontros para a NL reflexionan sobre a lingua nos actos funerarios
Os
XXVI Encontros para a Normalización Lingüística tratarán a importancia dos usos lingüísticos nos actos funerarios. Co lema "
Vivir e perdurar na nosa lingua", analizarán a importancia da escolla da lingua nos actos funerarios. Os Encontros terán lugar
o 15 de outubro de 2024, na
sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. A
inscrición está aberta.
A
vixésimo sexta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística ten como obxectivo
abordar desde diferentes perspectivas a importancia das escollas lingüísticas nos actos funerarios, analizando teoricamente este aspecto, presentando datos de uso, pondo sobre a mesa recursos e necesidades e presentando iniciativas de impulso.
Os XXVI Encontros convidarán a
reflexionar sobre a importancia da lingua escollida para os actos funerarios, presentarán unha
visión panorámica das porcentaxes de uso neste primeiro cuarto do século XXI, mostrarán
como son os rituais funerarios nas cerimonias civís e nas habituais das confesións relixiosas maioritarias, analizarán con diversos axentes que prestan servizos funerarios de que
recursos dispoñen para atenderen a demanda de servizos en galego e exporán
iniciativas dinamizadoras presentadas por entidades públicas e privadas.
A xornada inclúe ademais unha
visita guiada pola Cidade Vella da man de
Manuel Gago. Así mesmo, o programa inclúe unha
compilación de recursos na rede de interese para axentes dinamizadores e empresas de servizos.
Os XXVI Encontros para a Normalización Lingüística terán lugar
o 15 de outubro de 2024, na
sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.
PROGRAMASesión da mañá9:45 horas: inauguración
10:00 horas:
RELATORIOS:
-
Vitorino Pérez Prieto e Manuel Regal Ledo, teólogos. Reflexión sobre a significación da lingua escollida para os actos funerarios: seguir presente ou desaparecer.
-
David Canto Veiga, xornalista. Panorámica do uso da lingua nos rituais funerarios. Porcentaxes xerais e identificación dos lugares de referencia positiva.
Coordina e modera: Anxos Sobriño
11:45 horas: debate conxunto
12:00 horas: pausa
12:30 horas:
Mesa coloquio: PERSPECTIVAS COMUNITARIAS. Presenza do galego nos actos funerarios das confesións relixiosas maioritarias. Necesidades, proxectos e propostas.
-
Arquidiocese de Santiago de Compostela-
Unión de Comunidades Islámicas de Galicia-
Consello Evanxélico de GaliciaCoordina e modera: Bernardo Penabade
14:00 horas: final da sesión da mañá
Sesión da tarde16:00 horas:
Mesa coloquio: OS SERVIZOS FUNERARIOS. Análise da demanda dos servizos en galego, dos recursos das empresas para atendela e incidencia das iniciativas normalizadoras do sector.
-
Jorge Balado Blanco, Asociación Galega de Servizos Funerarios
-
Manel Pardo,
Lindeiros-
Ana Fabeiro, Ana Fabeiro Arte Floral
-
Rocío Vázquez, Luz Verde Eventos
Coordina e modera: Mónica Fernández
17:30 horas: pausa
18:00 horas:
Mesa de traballo: DIVULGACIÓN E IMPULSO. Presentación de intervencións e recursos dinamizadores deseñados para o ámbito dos actos funerarios..
-
Yoani Jartín Salgado, visitas patrimoniais aos cemiterios de Meira
-
Manuel Campos Sanmartín, Día da Restauración da Memoria Lingüística
-
Marta Besada,
Galeg@ para sempreCoordina e modera: Ana Iglesias
19:30 horas: clausura
- Peche:
As mil caras da morte compostelá, visita comentada pola Cidade Vella con
Manuel GagoINSCRICIÓNA inscrición nos XXVI Encontros para a Normalización Lingüística é
gratuíta e debe facerse a través do
formulario desta páxina. O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Organiza:
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do
Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (
Secretaría Xeral da Lingua)
Programa en .pdf,
recursos dinamizadores e
máis información no web do CDSG.