20-10-2024Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego
A plataforma cidadá
Queremos Galego convoca unha gran mobilización o vindeiro
17 de novembro en Compostela, baixo o lema
Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego, en resposta aos datos sobre o uso e o coñecemento do galego publicados polo IGE o pasado 11 de outubro.
A plataforma cidadá
Queremos Galego convocou o pasado venres en rolda de prensa un
gran acto aberto a todas as entidades e persoas interesadas na defensa da lingua
o vindeiro 17 de novembro en Compostela, baixo o lema
Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego. Esta mobilización responde aos
datos do IGE, que -en palabras do voceiro da plataforma, Marcos Maceira- “certifican a emerxencia lingüística extrema que vive a nosa lingua, como consecuencia de non se ter actuado sobre a expulsión e exclusión do galego de todos os ámbitos da vida social”.
A mobilización está convocada para o
domingo 17 de novembro, ás
12.00 h, desde a Alameda de Santiago de Compostela.
A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a converter o acto de Compostela, o 17 de novembro, nunha grande convocatoria unitaria, “nun grande plenario de Queremos Galego“, para
amosar que outro rumbo para o galego e posíbel, que “entre todas e todos podemos rectificar a historia e garantir futuro para Galiza e o galego”.
A plataforma Queremos Galego habilitou un
espazo no seu web para recoller apoios individuais e colectivos.