CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1572 votos
Votar | | | |


24-06-2008

Convocatoria de subvencións para a normalización lingüística desde as administracións locais

Mapa dos concellos galegos
A Consellería de Presidencia da Xunta convocou axudas destinadas ás administracións locais de Galiza para a creación e reforzamento de servizos de normalización lingüística e para a realización de campañas.
A CTNL xa solicitara a principios de ano a convocatoria destas axudas que, un ano máis, chegan tarde.
O prazo de solicitude remata o 26 de xullo.



No DOG do 24 de xuño a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publicou a Orde pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades locais de Galiza para a normalización da lingua galega, co obxecto de fomentar a prestación dun servizo de normalización lingüística (SNL) nas entidades locais, así como subvencionar a organización e desenvolvemento de campañas de normalización lingüística.

Nesta convocatoria hai algún cambio con respecto ás de anos anteriores, como por exemplo as funcións dos SNL subvencionados, onde gaña un maior peso o aspecto sociolingüístico (propostas de dinamización, regulación de usos e perfís lingüísticos na administración, difusión de dereitos lingüísticos, introdución de cláusulas lingüísticas en contratos e subvencións, etc.).

Ademais, os SNL deberán desenvolverse por un/ha ou varios/as especialistas en lingua galega que posúa/n algunha das seguintes titulacións: licenciatura en filoloxía galego-portuguesa, filoloxía galega ou filoloxía hispánica (sección galego-portugués).

O prazo para que as entidades locais realicen a solicitude desta subvención é dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no DOG [Orde publicada o 24 de xuño].

CONVOCATORIA QUE UN ANO MÁIS CHEGA TARDE

Ante a non creación por parte da SXPL do varias veces anunciado Consorcio de Planificación Lingüística, a principios de febreiro de 2008 a CTNL xa lle solicitara a Política Lingüística a inmediata convocatoria destas axudas, principalmente debido á escasa incidencia que tiveron en anos anteriores, provocada en boa medida pola tardanza na publicación da orde.

Nun escrito dirixido á secretaria xeral, Marisol López, a CTNL expuxo que en novembro de 2007 xa elaborou un informe sobre a escasa incidencia que tiveron na creación e consolidación real de SNL as axudas que a Xunta lles concedeu para ese fin ás entidades locais. Dese informe desprendíanse, como principais datos, que dos 41 concellos aos que a Xunta lles concedeu unha subvención en 2007 para a creación dun SNL, só 26 crearon finalmente ese servizo, dos que 19 volveron pechalo despois de 2 ou 3 meses de actividade e só 7 tiñan previsto mantelo activo máis aló de finais de ano.

A CTNL detectou que os motivos desa escasa incidencia das subvencións no incremento e estabilidade de SNL son, principalmente, dous: a tardanza habitual na publicación da convocatoria e o obxecto, os obxectivos, as funcións propostas para os SNL e os criterios de concesión das propias axudas.

Nas bases das axudas deste ano corrixiuse, aínda que só en parte, o obxecto e algunhas das funcións dos SNL, mais a publicación da convocatoria fíxose demasiado tarde. Que a convocatoria se faga a estas alturas de ano provoca que non se resolva até finais, cando as accións subvencionábeis teñen que estar rematadas antes do 31 de outubro. Isto provoca que moitos concellos non se arrisquen a manter SNL ou a desenvolver algunhas das accións de fomento do uso do galego até asegurar a axuda da administración galega para o seu financiamento, polo que, en definitiva, a marxe temporal entre a data de resolución de concesión da subvención e a data límite de desenvolvemento de actividades é mínima.

Xa que logo, como xa denunciou a CTNL en repetidas ocasións ante a Secretaría Xeral de Política Lingüística e ante a Dirección Xeral de Administración Local, a tardanza na publicación da convocatoria terá consecuencias como:

-Que as subvencións, en vez de potenciar, incentivar e axudar a financiar a creación de SNL e o desenvolvemento de accións para o fomento da lingua galega, na práctica o que fan é premiar aos concellos que xa crearon eses SNL e que xa desenvolveron actividades para a normalización, e que, polo tanto, xa puideron financiar esas accións con fondos propios.

-Que moitos concellos crearán SNL temporais cunha duración limitada ao período de dous ou tres meses entre a data de resolución da convocatoria e a data límite de xustificación (31 de outubro).

-Que hai concellos que renunciarán ás subvencións e/ou á creación de SNL debido á proximidade entre a data de resolución da convocatoria e a data límite de xustificación.



Ligazóns relacionadas

Convocatoria de subvencións ás entidades locais para normalización lingüística 2008 (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego