CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


13052 votos
Votar | | | |


02-07-2008

No país do minifundio: a aventura de planificar sen coordinación

OPINIÓN: por Conchi Cochón

Concepción Cochón Rodríguez
Calquera política pública, para desenvolverse cun mínimo de eficacia, precisa de planificación, orzamento e coordinación entre os axentes que van servir para executala. A política lingüística, da que depende o traballo para estender e dinamizar o uso do galego na sociedade, non debería ficar allea a esta premisa.


Falarmos da necesidade de coordinación para normalizar o uso da lingua é xa unha vella demanda da CTNL; pero hai reivindicacións que non caducan, só gañan valor á medida que o tempo pasa e a demanda vira máis urxente. Esta urxencia vén determinada polo deber de tirar o máximo rendemento aos cartos públicos, as vantaxes de compartir recursos e conectar esforzos, mais tamén porque o tempo xoga en contra á hora de afianzar redes estables que permitan impulsar as sinerxías de cooperación e interacción social a prol da lingua.

Hai xa dez anos, a CTNL elaborou e presentou unha proposta para a creación dun consorcio entre a Administración autonómica e a local. Este organismo coordinaría unha rede comarcalizada de todos os servizos lingüísticos municipais e poría en marcha un programa de acción global para todo o territorio. Daríase así cobertura ás desiguais necesidades de cada concello en materia de normalización; ademais, aseguraríase a galeguización de todo tipo de entidades. A CTNL presentou esta proposta en diversos foros e ante as entidades con competencias na materia ao longo de varios anos, desde 1998.

No mes de maio de 2007, a SXPL anunciou no Parlamento que naquel mes de decembro quedaría constituído formalmente un Consorcio de Planificación Lingüística. Asegurábase que había máis dun ano que a SXPL traballaba no proxecto co obxectivo de establecer un amplo proceso de coordinación entre os diferentes servizos lingüísticos, integrando as deputacións, os concellos e a FEGAMP, entre outras entidades.

Aínda que este anuncio pasou case desapercibido nos medios de comunicación, supuxo, para quen traballa na recuperación da lingua, albiscar unha importante viraxe na política lingüística galega. Efectivamente, antes de que rematase o pasado ano, varios Concellos anunciaron que integrarían a nova entidade. Porén, as expectativas máis optimistas foron arrefriando. Estamos ás portas do verán e do Consorcio nada novo se sabe; nin na rúa, nin nos Concellos que foran convidados o ano pasado a botalo a andar. Percibimos parálise e mutismo, termos opostos a eses tan necesarios para fortalecer o uso do galego na nosa sociedade.

A Administración, coas canles para implementar as políticas, sería o eixe dese consorcio. Con todo, a forza dunha política lingüística de verdade dinamizadora e positiva non pode vir só dese ente que coordine; debería integrar os distintos axentes sociais para desenvolver conxuntamente as accións normalizadoras. Quen formamos a CTNL somos conscientes da necesidade de tirar partido das estruturas que se estenden por todo o país, ben impulsadas pola Administración, ben de iniciativa social. O pasado curso académico a SXPL iniciou unha prometedora xeira de coordinación dos ENDL do ensino; cómpre agora conectalos con outros axentes activos na normalización. É necesario implicar unha rede social cada vez máis ampla no deseño e na posta en marcha de iniciativas de dinamización que atendan as características sociais, económicas e territoriais de cada concello.

Arredor deste Consorcio aínda deberiamos falar de moitas máis necesidades: poder avaliar eficazmente as accións, axilizar a comunicación entre os axentes, a necesidade dun centro de recursos onde depositar e recuperar experiencias, formación específica e actualización formativa dos profesionais. Urxe tamén o desenvolvemento da terminoloxía; a SXPL tamén anunciou a creación dun Consorcio de Terminoloxía ao tempo que o de Planificación. É fundamental coordinar as iniciativas para crear recursos terminolóxicos, facilitar a consulta de termos, xestionar os neoloxismos e os léxicos específicos, facer accesible o valioso traballo que se está a desenvolver, principalmente desde as Universidades galegas.

Por iso hoxe, aínda máis que hai dez anos, urxe facer máis efectiva a política lingüística cunha planificación que coordine e integre os esforzos a prol do galego, desde as redes sociais ata a Administración; unha rede que contemple tamén diversos aspectos necesarios para o traballo da normalización sen esquecer, entre outros, a formación para os traballadores, a compilación de recursos ou o deseño e posta en marcha de accións de dinamización axeitadas para diferentes puntos do país con necesidades similares.

Conchi Cochón é técnica de normalización lingüística do Concello de Pontevedra e foi presidenta da CTNL.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego