CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8437 votos
Votar | | | |


01-07-2008

O Concello da Coruña apoia as iniciativas de normalización lingüística das entidades sen ánimo de lucro

Escoitar na CoruñaA Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña creou unha liña de subvencións de apoio a iniciativas normalizadoras para entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de promover e estender o uso social da lingua galega na cidade. O prazo de solicitude remata o 22 de xullo.

As accións subvencionábeis nesta convocatoria serán:
  • Proxectos que teñan como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega no seu ámbito desenvolvendo programas de normalización lingüística.

  • Proxectos de elaboración e difusión de materiais en lingua galega que teñan como finalidade introducir ou estender o uso da lingua galega nalgún eido.

  • Confección de documentación (publicacións, cómics, folletos, revistas e boletíns, material lúdico e/ou educativo, etc.), vocabularios, manuais, recursos para o lecer e xogos en galego, plans xerais de fomento da lingua galega, creación de gabinetes de normalización, actividades de creación audiovisual e na Internet, realización de programas de radio e TV non publicitarios, desenvolvemento de actividades culturais (congresos, premios, animación sociocultural, obradoiros, certames…), campañas de sensibilización e publicidade en calquera soporte, elaboración de portais e páxinas web, blogs, etc.

  • Proxectos de formación e sensibilización das persoas asociadas para incorporar o obxectivo da promoción do galego nas súas actividades.

  • Realización de obradoiros de lingua galega que presenten o galego como unha actividade lúdica, co obxectivo de desfacer prexuízos entre a cidadanía e de constituír un ámbito en que se practique a lingua de xeito efectivo.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (publicación da convocatoria: BOP do 21 de xuño).

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña destina para este fin un máximo de 30.000 €, que se distribuirán entre os proxectos presentados en función da puntuación obtida e dos límites que se sinalan nas bases.

Ademais, a mesma concellaría publica, tamén no BOP do 21 de xuño, a convocatoria de subvencións destinadas á participación da mocidade, nas que se inclúen como subvencionábeis os proxectos xuvenís de promoción da cultura e lingua galega. No resto de accións subvencionábeis (proxectos de lecer, de creatividade, de animación, etc.) será criterio de concesión o uso do galego en todas as accións do proxecto e será requisito o uso da lingua galega en todos os materiais divulgativos dos proxectos.

BOP DO 21 DE XUÑO (.pdf) coa publicación das dúas convocatorias

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego