05-09-2008II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, coa colaboración e xestión da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), convoca para o 22 de outubro de 2008 o II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña.
[
Programa completo en .pdf]
OBXECTIVOS DO ENCONTRO- Pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística
- Debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego
- Dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local
- Deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións
TEMAS QUE SE TRATARÁN- A normalización lingüística desde as cidades
- Convenios de colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos da provincia
- Os perfís lingüísticos dos/as traballadores/as da administración
- Experiencia concreta de acción conxunta: a coordinación entre os equipos de normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística
PARTICIPACIÓNPoden participar neste encontro alcaldes e alcaldesas dos concellos da Coruña; responsábeis políticos/as municipais da área de política lingüística; técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da Coruña, entidades implicadas na normalización lingüística (institucións, asociacións, empresas...)
É necesario confirmar a asistencia até o 10 de outubro nos teléfonos 981 080 358 ou 981 080 300 extensión 4342.
DATA22 de outubro de 2008
LUGARPazo de Mariñán (Lugar de Mariñán s/n, Bergondo).
PROGRAMA 10.00 h: Recepción de participantes.
10.30 h.
A normalización lingüística nas cidadesDebate entre:
- Ermitas Valencia Romar, concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
- Javier Galán Pérez, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol
- Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela
- Condutor: Anxo Quintela, xornalista da Radio Galega
12.00 h.
Pausa e café compartido12.30 h.
Os perfís lingüísticos na administración local-Alba Nogueira, profesora de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
13.30 h. Presentación do
Programa de cooperación da Deputación da Coruña cos concellos da provincia para a creación ou mantemento dos SNL. Período 2009-2011- Xoán Manuel Sande Muñiz, deputado de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
- Juán Bautista Suárez Ramos, interventor adxunto da Deputación da Coruña
14.30 h.
Xantar conxunto16.30 h.
Experiencia concreta de acción conxunta: o SNL Terra de Melide. A coordinación entre os equipos de normalización lingüística (ENDL) dos centros de ensino e os servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos.
- Paco Veiga, docente IES de Melide
- Xesús Freire, técnico do SNL de Santiso
- Mercedas Queixas Zas, coordinadora territorial dos ENDL
18.00 h.
Resumo humorístico da xornada narrado por Cándido Pazó19.00 h. Conclusións do enconctroORGANIZA:
Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da CoruñaCOLABORA E XESTIONA: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)