CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


7524 votos
Votar | | | |


29-09-2008

Convocatoria de dúas bolsas para prácticas no SNL do Concello da Coruña

SNL do Concello da CoruñaA Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña convoca dúas bolsas destinadas a estudantes universitarios para realizaren prácticas en tarefas que corresponden no desenvolvemento de funcións do Servizo de Normalización Lingüística.

Segundo as bases da convocatoria, as persoas destinatarias son estudantes universitarias do último curso de Filoloxía Galega ou aqueles/as aos/ás que lles queden un número de materias inferior a un curso para a finalizaren.

A documentación para presentar é a solicitude debidamente cuberta; os datos académicos, en que se detallen os estudos cursados ou en curso, así como calquera precisión que se estimar necesaria xunto cunha fotocopia do expediente ou informe académico; unha fotocopia do DNI; un currículo; e unha
memoria en que se expoñan os motivos e expectativas que levan a formular a solicitude, os coñecementos, capacidades técnicas e experiencia que alega, e tarefas ou calquera outro aspecto que desexaría realizar durante as prácticas, incluíndo a posíbel proposta de novos programas ou proxectos.

A duración do programa de prácticas será de 284 horas distribuídas en 20 horas semanais e recibiranse 2.560 euros brutos por elas.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais a partir da publicación do anuncio nos xornais La Voz de Galicia e La Opinión de A Coruña (29 de setembro de 2008)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego