CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


8999 votos
Votar | | | |


29-11-2007

Conclusións do I Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

Encontro que tivo lugar o 28 de novembro de 2007 no Pazo de Mariñán (Bergondo), organizado pola Deputación da Coruña desde a Unidade Técnica de Normalización Lingüística coa colaboración e xestión da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

No encontro participaron arredor de 75 persoas, entre alcaldes e alcaldesas, concelleiros/as e técnicos/as de normalización lingüística de 40 concellos da Coruña, ademais de representantes doutras entidades relacionadas coa normalización lingüística.

Conclusións:

1. Os concellos teñen a obriga e responsabilidade de promocionar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos sociais, polo que, ademais da súa galeguización e de garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía, tamén deben implementar políticas lingüísticas transversais activas, dinámicas e integradoras para así implicar no proceso normalizador ás distintas entidades, sectores e colectivos sociais. Para isto considéranse fundamentais a creación e impulso de servizos de normalización lingüística (SNL) e a aprobación de regulamentos ou ordenanzas municipais de usos lingüísticos e impulso á normalización.

2. O obxectivo do uso e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais debe ser asumido por todas as organizacións políticas en todos os concellos, polo que cómpre que estes obxectivos e todas as medidas que se tomen nos concellos para procurar incrementar o uso e prestixio da lingua galega non sexan motivo de confrontación política nin partidaria.

3. É necesario un incremento significativo dos recursos que os concellos lle dedican á política lingüística. Ao mesmo tempo tamén é necesario un incremento significativo das axudas económicas para a normalización lingüística nas administracións locais que a Xunta de Galicia convoca anualmente, así como uns criterios de concesión que fomenten a estabilidade laboral, a profesionalización, a estabilidade e continuidade dos SNL, a coordinación e a concepción destes servizos como organismos con capacidade de intervención social para a dinamización e a procura do incremento do uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos sociais.

4. Cómpren medidas urxentes e eficaces para a coordinación da política lingüística desde as administracións locais, polo que é preciso que o anunciado Consorcio de Planificación Lingüística se constitúa de inmediato cos recursos materiais e humanos necesarios, e que del formen parte todas as administracións locais que libremente queiran adherirse. Este ten que ser o organismo fundamental de implementación da política lingüística no noso país, debe asumir e coordinar os SNL e debe ter capacidade de intervención social en todos os ámbitos.

5. Considérase que as xuntanzas como este I Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña son útiles e necesarias para avanzar no impulso, na coordinación e na planificación da normalización lingüística, para pór en contacto responsábeis políticos/as e técnicos/as para compartir experiencias, analizar propostas e deseñar conxuntamente liñas de acción e colaboración. Polo tanto, considérase que a Deputación da Coruña e a CTNL deben darlle continuidade en vindeiros anos e con novas propostas e accións. Ao mesmo tempo tamén se insta á Xunta de Galicia a impulsar encontros deste tipo a nivel galego.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego