CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


10734 votos
Votar | | | |


15-12-2008

O Concello de Narón convoca unha praza laboral temporal de técnico/a de Normalización Lingüística

Concello de NarónO Concello de Narón publicou as bases para a contratación temporal como persoal laboral dun técnico ou dunha técnica de normalización lingüística.

Os requisitos que deben reunir as persoas candidatas son os seguintes



  • Ser español ou española ou nacional de calquera estado membro da Unión Europea.

  • Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

  • Estar en posesión do titulo de Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou en Filoloxía hispánica (subsección galego-portugués, ou titulado en calquera outra licenciatura e en posesión do titulo Celga 5.

  • Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatíbel co desempeño das correspondentes funcións.

  • Non ter sido nunca separado/a ou suspendido/a do servizo de calquera das administracións publicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública.


Quen desexe participar neste proceso de selecci6n, debera presentar unha instancia acompañada do documento de identidade, titulación, currículo e xustificantes (que deberen ser orixinais ou copias compulsadas) dos méritos que se pretendan alegar na fase de concurso, dirixida ao alcalde do Concello de Narón no Rexistro Xeral da Casa do Concello ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Na instancia debera facerse constar que se cumpren os requisitos esixidos no apartado 2.° das presentes bases. O prazo de presentaci6n de solicitudes rematará os 8 dias naturais seguintes ao da súa publicación nun diario de maior tirada da provincia (o sábado 13 de decembro de 2008).


O proceso de selección consistirá en dúas fases. A fase de oposición consta, de dous exercicios:


  • O primeiro exercicio escrito ten unha hora e media de duración e consistirá na resposta de cinco preguntas o temario. A puntuación deste exercicio é de 0 a 20 e será preciso ter unha nota de 10.

  • O segundo exercicio consistira en realizar un suposto practico sobre as funcións dun/ha técnico/a de normalización lingüística, ou elaborar total ou parcialmente unha acción de normalización lingüística desde o concello. O tempo de realización deste exercicio será dunha hora e media. A puntuación total será de 0 a 20 puntos, e será necesario para aprobar obter un mínimo de 10 puntos.


Pola súa banda, na fase de oposición valoraranse os aspectos seguintes:



  1. Formación en lingua galega: máximo 3 puntos. Estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou equivalente (Filoloxía Galego-portuguesa ou Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-portugués): 3 puntos.

  2. Experiencia laboral en servizos de normalización lingüística con funcións semellantes as do posto: máximo 6 puntos:

    • Na mesma categoría na mesma administración: 0,25 puntos por mes traballado.

    • Na mesma categoría noutra administración local: 0,20 puntos por mes traballado.

    • Na mesma categoría noutras administracións públicas: 0,15 puntos por mes traballado.

    • Traballos relacionados coas funcións da praza na administración publica: 0,10 puntos por mes traballado.

    • Traballos en normalización lingüística en empresas privadas: 0,05 puntos por mes traballado.

    • Bolsas de formación ou colaboración en servizos de normalización lingüística en institucións públicas: 0,05 puntos por mes de bolsa.



  3. Publicacións sobre normalización lingüística: máximo 1 punto. 0,25 puntos por publicación.

  4. Asistencia a encontros, congresos, simposios, seminarios, etc., directamente relacionados coas funcións da praza: máximo 1,5 puntos. 0,05 puntos por cada 15 horas.

  5. Cursos recibidos ou impartidos, organizados por centros ou organismos oficiais, de contidos directamente relacionados coas funcións da praza (ou de informática, xestión e procedemento administrativo, lexislación, atención ao publico, comunicación, análise e/ou intervención social e idiomas): máximo 2,5 puntos. 0,15 puntos por cada 15 horas.

  6. Cursos oficiais impartidos de lingua galega: máximo 1 punto. Por cada curso de iniciación, perfeccionamento ou Celga de máis de 60 horas de duración: 0,15 puntos. Por cada curso de máis de 60 horas de linguaxe administrativa ou xurídica: 0,25 puntos.


Ningún mérito poderá utilizarse para puntuar en máis dun apartado.


Pode consultar as bases completas nesta ligazón


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego