CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7828 votos
Votar | | | |


02-01-2009

Nace a asociación Diverslinguae para fomentar o plurilingüismo no Estado español

Presentación de DiverslinguaeA mediados do mes de decembro de 2008 presentouse a asociación Diverslinguae, que nace co obxectivo de dar a coñecer a realidade plurilingüe do Estado español e defender os dereitos lingüísticos dos pobos con idiomas minorizados no ámbito estatal.


Forman parte de Diverslinguae A Mesa pola Normalización Lingüística, a Fundación Aurten Bai, Euskara Kultur Elkargoa e o CIEMEN (Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions), entidades que manteñen unha colaboración permanente e prolongada no tempo e que integran o Comité do Estado Español da Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL- European Bureau for Lesser-Used Languages).

Entre as misións desta nova asociación está a de monitorizar o cumprimento da normativa en materia de dereitos lingüísticos, algo que xa se vén facendo desde EBLUL, unha asociación que naceu a instancias do Parlamento Europeo e que colabora ademais con outros organismos internacionais, como o Consello de Europa, o Comité das Rexións e a UNESCO, entre outros.

Esta nova asociación está presidida por Carlos Manuel Callón Torres, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego