CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


5532 votos
Votar | | | |


08-01-2009

A Coruña Son 09, nova edición do certame de canción en galego

A Coruña Son 09As concellarías de Cultura e de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizan unha nova edición do certame que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e novas autoras de canción popular en galego.

Os/as autores/as participantes no certame deberán subir os vídeos ou MP3 das súas cancións orixinais á web http://acorunason.eu entre o 17 de decembro de 2008 e o 10 de febreiro de 2009. Todos/as os/as usuarios/as rexistrados/as no web terán a oportunidade de votar polas súas cancións favoritas. Destas votacións sairán un total de 30 seleccionadas, entre as que o director técnico do certame, Santiago Auserón, escollerá os/as 10 autores/as premiados/as.

Os/as dez autores/as seleccionados/as terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular dunha semana de duración impartido por Santiago Auserón, onde traballarán as súas propias composicións.

Así mesmo, as concellarías de Cultura e de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña asumirán a gravación e edición dun disco colectivo coas dez composicións premiadas.

Na edición de 08 foron premiados temas de Tonhito de Poi, Chámalhe Xis, Mr. Carácter, Pablo Díaz, Chus Silva, O Sonoro Maxín, NAT, Os John Deeres, Iria Pinheiro e D-Laxe, que formaron un disco xunto cun tema en galego de Santiago Auserón.

Todas as cancións presentadas, tanto da edición de 2008 como da de 2009, poden baixarse a través de acorunason.eu.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego