CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8642 votos
Votar | | | |


25-01-2009

Contratación dun/ha técnico/a de normalización lingüística no Concello de Rois

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o sábado 24 de xaneiro as bases da contratación como laboral temporal dun/dunha técnico/a de normalización lingüística do Concello de Rois. O prazo para presentar solicitudes é de dez días naturais.

DURACIÓN DO CONTRATO

Anual, con posibilidade de prórroga anualmente até unha duración máxima de tres anos.

SALARIO

1.200 € brutos ao mes (14 pagas).

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

- Ter nacionalidade española ou cidadanía da UE.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza a que se aspira.
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder de idade máxima de xubilación.
- Non estar sometido a expediente disciplinario en calquera administración pública.
- Non estar incurso/a en ningún dos supostos de incompatibilidade previstos na Lei 53/84, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
- Estar en posesión do título de licenciado/a, en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Galega ou en Filoloxía hispánica (subsección Galego-Portugués), ou titulado/a en calquera outra licenciatura debendo en este último caso estar en posesión do Celga 5.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

As instancias para tomar parte na presente convocatoria dirixiranse a Alcaldía-Presidencia, de acordo co modelo que figura nas dependencias do concello.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da corporación e de conformidade cos medios previstos no artigo 38 da lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, no prazo de 10 días naturais a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello.

Á instancia achegarase copia compulsada do DNI, o título de lincenciado/a e documentación para avaliar na fase de concurso.

SELECCIÓN

A selección dos aspirantes comporase de tres fases: un concurso de méritos, unha proba práctica e unha entrevista persoal.

FASE DE CONCURSO: (puntuación máxima de 8 puntos).

- Experiencia profesional acreditada no desenvolvemento de traballos similares aos da praza que se convoca realizados na Administración Pública e/ou en entes dependentes do sector público, cuxa actividade deberá acreditarse documentalmente de maneira fidedigna (contrato de traballo, certificado de empresa e vida laboral); 0.1 puntos por mes traballado. Para estes efectos non se computarán as fraccións de mes. A puntuación máxima será de catro puntos.
Para valorar a experiencia profesional achegarase unha certificación de vida laboral expedida pola Seguridade Social, acompañando contrato de traballo, ou certificado de empresa ou entidade que procedeu a contratación con expresión do tempo de traballo e da categoría do posto de traballo, mediante documentos orixinais ou fotocopias compulsadas.

- Pola posesión de cursos de lingua galega (non se valorará o que se achegue para acreditar o coñecemento da lingua esixido como requisito), cursos de informática e de outros contidos relacionados cas funciones da praza convocada, impartidos pola Administración Pública e entidades oficiais e/ou recoñecidas pola Administración Pública. Valoraranse ata un máximo de dous puntos, a razón de:

- de 30 a 50 horas lectivas 0.2 puntos.
-de 51 a 100 horas lectivas 0.5 puntos.
-de 101 a 200 horas lectivas 0.75 puntos.
-cursos de máis de 200 hors lectivas: 1.00 puntos.

-Pola impartición de cursos de lingua galega valorarase ata un máximo de 2 puntos, a razón de 0.5 puntos por cada curso de duración igual ou superior a 70 horas.

Para valorar os títulos achegaranse os propios títulos, diplomas ou certificados dos mesmos, orixinais ou en fotocopias compulsadas.

Para valorar os cursos achegaranse os certificados deles, con expresión das horas de duración, orixinais ou fotocopias compulsadas.

Para valorar outra experiencia profesional, contratos, laborais administrativos e/ou mercantís ou certificado do organismo ou empresa acreditativo e facturas emitidas no seu caso, orixinais ou fotocopias compulsadas.

Toda esta documentación deberá achegala
o/a demandante do posto de traballo o día fixado para presentar a solicitude.
Para puntuar o concurso sumaranse as cualificacións outorgadas para cada un dos méritos alegados e que sexan tidos en consideración. A suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na de concurso dará a puntuación total

FASE DE OPOSICIÓN

Consiste na realización dunha proba práctica tendo unha duración para a súa realización dunha hora. (Puntuación máxima de 20).

FASE DE ENTREVISTA PERSOAL

Consistirá na formulación de preguntas relacionadas ca proba práctica, tarefas a desempeñar e méritos alegados. (Puntuación máxima de 7 puntos).

Pode consultar a convocatoria completa nesta ligazón.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego