CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


8476 votos
Votar | | | |


22-11-2007

Só 7 dos 41 concellos que recibiron unha subvención da Xunta para a creación dun servizo de normalización lingüística en 2007 o manterán activo máis alá de finais de ano

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fixo público un informe que revela a escasa incidencia que están a ter na creación e consolidación real de servizos de normalización lingüística as axudas que a Xunta de Galicia outorga anualmente ás entidades locais.

Dos 41 concellos aos que a Xunta lles concedeu unha subvención neste ano 2007 para a creación dun servizo de normalización lingüística, só 26 crearon finalmente ese servizo, dos que 19 volveron pechalo despois de 2 ou 3 meses de actividade e só 7 teñen previsto mantelo activo máis alá de finais de ano.

Estes son os principais datos que se desprenden do informe que a CTNL lles facilitou aos/ás responsábeis de Política Lingüística e de Administración Local da Xunta e que tamén fixo públicos.

As cifras falan por si mesmas e dan conta dunha realidade que non beneficia en absoluto a planificación lingüística no eido municipal. Constátase a consolidación dos chamados “servizos guadiana”, creados ano tras ano ao abeiro de axudas autonómicas e que manteñen a súa actividade durante un período de tempo totalmente insuficiente para poder planificar e xestionar con éxito calquera tipo de labor normalizador e o que supón tamén unha situación laboral do sector xeneralizada de inestabilidade, temporalidade e precariedade total.

Como se indica no informe presentado pola CTNL, amais do breve período de duración dos SNL, outra cuestión non menos preocupante é a relacionada coa actividade á que se destinan boa parte destas axudas. En efecto, instalouse nun bo número de concellos a tendencia a acollerse ás citadas subvencións autonómicas co único ánimo de financiar durante 2 ou 3 meses o salario dun profesional que traduza e corrixa lingüisticamente a documentación municipal. Segundo os datos facilitados polos/as propios/as técnicos/as de normalización lingüística, no 90% destes novos SNL as tarefas desenvolvidas foron exclusivamente de tradución e corrección de textos. «Vinte anos despois da aprobación da Lei 5/1988, que obriga ás entidades locais a redactar en galego toda a súa documentación», desde a CTNL considérase «que os obxectivos actuais da planificación lingüística no ámbito municipal e, polo tanto, as funcións dos SNL, deben ser outras, sobre todo as de dinamización lingüística e intervención social».

Como se indica no propio informe, «cómpre pór en marcha medidas urxentes que fomenten, coordinen e orienten a normalización lingüística, coma o xa anunciado Consorcio para a Planificación Lingüística». Mentres este organismo non bota definitivamente a andar e estea formado por todos os concellos que queiran formar parte del, desde a CTNL consideran necesarias as axudas autonómicas para incentivar a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística, mais para conseguir que estas subvencións non se convertan nunha vía de financiamento estéril cómpren «mecanismos de control que garantan o compromiso das entidades locais co obxectivo real das axudas». Neste sentido, a Coordinadora tamén lles achegou aos/ás responsábeis dos dous citados departamentos un informe cunha serie de suxestións para mellorar as liñas de potenciación dos SNL dos concellos.

«A CTNL, integrada na súa maior parte por técnicos/as de normalización lingüística, é a primeira interesada en que a Administración autonómica apoie economicamente a creación de SNL municipais, mais sempre e cando a entidade beneficiaria garanta o uso axeitado destas axudas e se comprometa coa continuidade e estabilidade do labor normalizador comezado».

NA PRENSA

A maioría dos concellos non manteñen os servizos de normalización lingüística [En Xornal.com]


Os concellos desaproveitan as axudas para a creación de equipos de normalización lingüística estábeis
[En Vieiros]

Os servizos locais de normalización lingüística pechan pese a estaren subvencionados [En Xeración]

Os servizos locais de normalización lingüística pechan pese a estaren subvencionados [En Chuza]

Só 7 dos 41 concellos que recibiron unha subvención da Xunta para crear un servizo de normalización lingüística en 2007 o manterán activo máis alá de finais de ano [En Linguadeamor.eu]

Lonxe da normalidade [En Galicia Hoxe]

Só 7 dos 41 servizos lingüísticos locais subvencionados pola Xunta sobrevivirán a 2007
[En El Progreso]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego