CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


8283 votos
Votar | | | |


16-03-2009

A CTNL proporalle á Xunta, deputacións e Fegamp o desenvolvemento de proxectos necesarios para a normalización lingüística

CTNLA Asemblea Xeral da CTNL que tivo lugar o venres 13 de marzo acordou tamén por unanimidade traballar co conxunto do movemento normalizador para renovar e actualizar o argumentario de defensa e promoción da lingua galega e para que o futuro goberno galego recúe nas súas anunciadas intencións de paralizar diversos proxectos de importancia para a normalización lingüística.

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria de 2009 o venres 13 de marzo en Santiago de Compostela, na que participaron un bo número de socias e socios, e na que se aprobaron por unanimidade as liñas de acción da asociación para o período interasemblear 2009-2010.

As liñas aprobadas inclúen accións para o cumprimento dos fins da asociación e algúns obxectivos e accións organizativas.

RENOVACIÓN DO ARGUMENTARIO E TRABALLO EN DEFENSA DA LINGUA CO CONXUNTO DO MOVEMENTO NORMALIZADOR

Ante a nova situación política e os proxectos anunciados para a lingua polo futuro goberno galego, a CTNL márcase como obxectivos estratéxicos para este ano traballar conxuntamente co resto de colectivos e sectores implicados na defensa e promoción da lingua galega para que o futuro goberno galego recúe nas súas anunciadas intencións de paralizar diversos proxectos de importancia para a normalización da lingua galega (Galescolas, Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no sistema educativo, cuestións lingüísticas na Lei da función pública, na Lei de subvencións, etc.), ademais de colaborar co conxunto de colectivos e sectores implicados na normalización lingüística para renovar e actualizar o argumentario de defensa e promoción do galego.

PROPOSTAS A DIVERSAS ENTIDADES PARA O FOMENTO DO USO E PRESTIXIO DA LINGUA GALEGA

Desde a CTNL proporánselle a diversas entidades o desenvolvemento de proxectos e accións necesarias para o fomento do uso e prestixio da lingua galega. Á Xunta de Galicia solicitaralle, ademais do cumprimento do aprobado por unanimidade Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG), melloras concretas no desenvolvemento e xestión de diversas accións, como convocatorias de subvencións ou cursos de galego, ou o impulso e coordinación dos distintos SNL.

A entidade que agrupa aos traballadores/as de normalización lingüística proporalle tamén ás deputacións de Lugo, Ourense e Pontevedra a posta en marcha dun plan de impulso dos SNL municipais, semellante ao desenvolvido desde a Deputación da Coruña, e á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que desde esa entidade se fagan propostas para o impulso da lingua galega desde as administracións municipais.

DEFENSA DOS INTERESES XERAIS DOS TRABALLADORES E DAS TRABALLADORAS DA LINGUA

A CTNL continuará co plan de actuación ante as convocatorias de prazas e contratacións para os servizos lingüísticos das administracións públicas, con actuacións ante procesos selectivos que non garantan os criterios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade; solicitará melloras concretas das condicións de determinados postos de traballo en normalización en distintas entidades; e realizará informes e propostas sobre a situación dos/as traballadores/as da lingua.


FORMACIÓN CONTINUA E DIFERENTES ENCONTROS

Neste ano, desde a CTNL organizaranse diversas accións formativas dirixidas a todas aquelas persoas que, dun ou doutro xeito, traballan pola normalización da lingua galega. Así, está prevista a organización dalgúns cursos como de avaliación de accións de normalización, de ferramentas multimedia, de deseño e implementación de campañas ou unha xornada ou obradoiro para traballar o argumentario para a normalización da lingua.

E, ademais de procurar novas colaboracións e novos puntos de encontro, proporá a continuación e colaborará na organización doutras accións como o IV Curso de verán de dinamización lingüística da Universidade da Coruña, o III Encontro de política lingüística desde as administración locais da Coruña, ou os XII Encontros para a normalización lingüística do Consello da Cultura Galega.

REFORZO ORGANIZATIVO E MAIOR VISIBILIDADE DO COLECTIVO

A CTNL, que nos dous últimos anos duplicou o seu número de socias e socios, procurará reforzarse organizativamente, e tamén darlle maior visibilidade ao colectivo.

Continuará co servizo de información sobre o proceso de normalización da lingua galega que ofrece a través dos seu sitio web (www.ctnl.org), procurará o incremento de materiais publicados nese espazo e procurará tamén a posta en marcha de novos espazos e canles de comunicación a través de redes sociais e novas ferramentas. Ademais, traballará para mellorar a difusión dos seus posicionamentos e das accións a prol da lingua galega.

NOVOS/AS SOCIOS/AS E RENOVACIÓN NA DIRECTIVA

Na Asemblea Xeral Ordinaria da CTNL tamén se aprobou a incorporación de 47 novos/as socios/as e ratificáronse cinco baixas (na actualidade a entidade conta con preto de 200 socios/as); aprobáronse por unanimidade os informes de xestión e de contas e aprobouse a incorporación á directiva como vogal de Nuria Seoane Bouzas (técnica do SNL do Concello da Coruña), tras a renuncia de Rosario Pérez Magdalena (técnica do CDSG do Consello da Cultura Galega) logo de moitos anos entregada ao traballo na asociación.

O resto da Xunta Directiva mantense con Nel Vidal Barral como presidente; Xusto A. Rodríguez Río como secretario; Anxos Sobriño Pérez como tesoureira; e Rosa Moreiras Cuñarro, Dores Sánchez Alegre, Concepción Diéguez Diéguez, Iván Méndez López e Roberto Rielo Iglesias como vogais.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego