18-03-2009Os datos de uso do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 alertan dun forte descenso no número de galegofalantes
A Real Academia Galega (RAG) acaba de distribuír o segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04), correspondente aos usos lingüísticos, e no que se constata un forte descenso do uso do galego nos últimos anos.
Aínda que a Real Academia Galega (RAG) non presentou publicamente nin fixo unha valoración sobre os datos, estes transcenderon a raíz do
informe [.pdf, 173 KB] e da
valoración pública que fixo A Mesa pola Normalización Lingüística.
Segundo os datos deste estudo sociolingüístico, obtidos a partir dunha mostra de máis de 9000 enquisas realizadas en 2004, o número de persoas que empregan só o galego son practicamente a metade que en 1992 (16% en 2004, fronte ao 30,5% dos datos do MSG-92), e duplicouse o número de persoas que empregan só o castelán (25,8% en 2004, fronte ao 13% en 1992). Ademais, amósase como a xente que di utilizar as dúas linguas, utiliza cada vez máis o castelán. Mentres en 1992 dicía utilizar máis galego o 30,5% da poboación, en 2004 é o 22,9% quen di utilizar máis galego; e mentres en 1992 dicía utilizar máis castelán o 26% da poboación, en 2004 é o 35,3%.
Aínda que a perda de galegofalantes é xeral, cómpre salientar a grave situación do galego nas cidades, onde cada vez predomina máis o castelán. Son de salientar, por exemplo, os datos de Ferrol, onde a suma de xente que fala só ou maioritariamente castelán chega ao 85%; de Vigo e A Coruña, onde chega ao 81,9%; ou de Pontevedra, onde chega ao 75,9%. Ademais, en ningunha das cidades o uso do galego é superior ao uso do castelán.
Os datos deste segundo volume sobre os usos lingüísticos do MSG-04 non están aínda dispoñíbeis en versión electrónica, e a edición en papel foi distribuída en librarías (en versión electrónica só está dispoñíbel, polo momento, o primeiro volume, correspondente a lingua inicial e competencia lingüística [
.pdf, 7,30 Mb], que se deu a coñecer a finais de 2007).
A valoración e o informe feito pola Mesa podes descargalo aquí.
Algúns medios xa se fixeron eco dos datos. Entre outros, estes: