CTNL
Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar
correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash
Poderán participar na presente convocatoria os/as licenciados/as ou estudantes universitarios/as do último curso da carreira de Filoloxía Galega, ou aqueles/as aos/ás que lles queden un número de materias inferior a un curso para finalizaren.
As persoas solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:
Na selección das persoas beneficiarias das bolsas, teranse en conta os seguintes aspectos:
Os/as candidatos/as seleccionados/as realizarán as prácticas no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
A adscrición a actividades concretas, así como o horario das prácticas, serán decididos polos responsables do SNL, atendendo ás necesidades deste mais tendo en conta no posible as preferencias e as capacidades que a persoa solicitante expresou na memoria.
Ao rematar o período de prácticas, os/as bolseiros/as presentarán unha memoria das actividades realizadas. Pola súa banda, os bolseiros poderán solicitar ao Concello un certificado acreditativo da realización das prácticas, así como un informe de avaliación do SNL.
A dedicación ás prácticas deberá ser de 20 horas semanais. Logo do acordo coas persoas responsables do SNL, as horas de prácticas poderán acumularse en determinados días, co fin de deixar outros libres para asistir a clases ou a exames.
A duración do programa de prácticas será de 284 horas.
A axuda que recibirá o/a estudante é de 2.560 euros brutos, aos que se lles aplicarán as retencións correspondentes. O pagamento farase mensualmente, de xeito proporcional ao número de horas de prácticas realizadas no mes anterior.
Se precisares máis información, podes consultar o blogue do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña