CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1636 votos
Votar | | | |


27-03-2009

Convocatoria de bolsas para prácticas no SNL do Concello da Coruña destinadas a licenciados/as ou estudantes universitarios/as do último curso de Filoloxía Galega

SNL do Concello da Coruña
A Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña convoca bolsas para prácticas no Servizo de Normalización Lingüística destinadas a licenciados/as ou estudantes universitarios/as do último curso de Filoloxía Galega. O prazo para presentar as solicitudes será de quince días naturais desde o seguinte ao de se publicar a convocatoria no BOP da Coruña (27 de marzo de 2009)


Poderán participar na presente convocatoria os/as licenciados/as ou estudantes universitarios/as do último curso da carreira de Filoloxía Galega, ou aqueles/as aos/ás que lles queden un número de materias inferior a un curso para finalizaren.


As persoas solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:



  • Solicitude debidamente cuberta.

  • Fotocopia do DNI.

  • Datos académicos, en que se detallen os estudos cursados ou en curso, así como calquera precisión que se estimar necesaria. Achegarase unha fotocopia do expediente ou informe académico.

  • Currículo, debidamente acreditado.

  • Memoria en que se expoñan os motivos e expectativas que levan a formular a solicitude, os coñecementos, capacidades técnicas e experiencia que alega, e tarefas ou calquera outro aspecto que desexaría realizar durante as prácticas, incluíndo a posible proposta de novos programas ou proxectos.


Na selección das persoas beneficiarias das bolsas, teranse en conta os seguintes aspectos:



  • Expediente académico.

  • Adecuación do currículo ás actividades que se van desenvolver.

  • Memoria presentada polo/a solicitante.

  • Coñecemento e experiencia no manexo de aplicacións informáticas.


Os/as candidatos/as seleccionados/as realizarán as prácticas no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.


A adscrición a actividades concretas, así como o horario das prácticas, serán decididos polos responsables do SNL, atendendo ás necesidades deste mais tendo en conta no posible as preferencias e as capacidades que a persoa solicitante expresou na memoria.


Ao rematar o período de prácticas, os/as bolseiros/as presentarán unha memoria das actividades realizadas. Pola súa banda, os bolseiros poderán solicitar ao Concello un certificado acreditativo da realización das prácticas, así como un informe de avaliación do SNL.


A dedicación ás prácticas deberá ser de 20 horas semanais. Logo do acordo coas persoas responsables do SNL, as horas de prácticas poderán acumularse en determinados días, co fin de deixar outros libres para asistir a clases ou a exames.


A duración do programa de prácticas será de 284 horas.


A axuda que recibirá o/a estudante é de 2.560 euros brutos, aos que se lles aplicarán as retencións correspondentes. O pagamento farase mensualmente, de xeito proporcional ao número de horas de prácticas realizadas no mes anterior.


Se precisares máis información, podes consultar o blogue do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego