CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9357 votos
Votar | | | |


27-03-2009

II Xornadas de lingua, literatura e nación, na Coruña

II Xornadas lingua, literatura e naciónO Comité da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña organiza as II Xornadas de lingua, literatura e nación, centradas no uso do galego nos medios e que terán lugar os días 15, 16 e 17 de abril de 2009 na Aula Magna desa facultade. Nas xornadas intervirán representantes de diferentes medios, así como de programas de radio e de televisión.

DATAS
15, 16 e 17 de abril de 2009

LUGAR
Aula Magna da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña

INSCRICIÓN
Até o 15 de abril ás 16.00 h, por teléfono (981 167 000, ext.: 1804) ou mediante o seguinte formulario.

PROGRAMA COMPLETO
Podes descargar aquí o programa completo en .pdf

CUARTA–FEIRA (MÉRCORES) 15 de abril

16.00 h Entrega do material das Xornadas

16.30 h Inauguración
-Teresa López (Decana da Facultade de Filoloxía da UdC)
-Manuel Lourenzo (Dramaturgo)

17.00 h A fabricación ideolóxica da lingua galega dos medios na Galiza
-María Pilar García Negro (Profesora de Filoloxía Galega na UdC)

18.00 h Descanso

18.30 h A Nosa Terra na construción da nación
-Alfonso Eiré (Xornalista. Ex-director do semanario A Nosa Terra)

19.30 h Os xornais electrónicos en galego: Vieiros e GzNación
-Ramón Vilar (Director de Vieiros)
-Antón Figueira (Director de GzNación)


QUINTA–FEIRA (XOVES) 16 de abril

16.30 h A Nova Canción Galega. Voces Ceibes
-Xan Fraga (Profesor de Historia e autor do libro Miro Casabella e a Nova Canción Galega)
-Miro Casabella (Cantautor)

17.30 h Ataque Escampe. Entrevista
-Miguel Mosqueira (Guitarrista do grupo)
-Samuel Solleiro (Guitarrista do grupo)

18.30 h Descanso

19.00 h Aberto por Reformas. Programa de radio en directo
-Xurxo Souto (Director do programa e músico)

20.00 h A regueifa. A retranca da tradición
-Suso Lema García (Regueifeiro)
-Antonio Rodríguez (Regueifeiro)


SEXTA–FEIRA (VENRES) 17 de abril

10.00 h As novas curtametraxes galegas. O Festival de Cans

11.00 h A dobraxe en galego: situación e potencialidades
-Xerardo Couto

12.00 h Descanso

12.30 h O humor gráfico galego. O Carrabouxo
-Xosé Lois González Vázquez (Humorista gráfico)

13.30 h O galego nos medios de comunicación. Esquecemento ou ocultación?
Mesa redonda.
-Carlos Callón (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
-Xosé Manuel Pereiro (Decano do Colexio de Xornalistas de Galiza)
-Roberto Blanco Valdés (Profesor de Dereito na USC e columnista)

14.30 h Fin da xornada de mañá

16.30 h O fenómeno do Xabarín Club na normalización da lingua entre a mocidade
-Paco Carballés (Ex-director e produtor do Xabarín Club)

17.30 h O fenómeno de Mareas Vivas
-Miguel de Lira (Actor)
-Luís Castro Zahera (Actor)

18.30 h Descanso

19.00 h O humor galego, Air Galicia
-Carlos Arias (Director do programa)
-Isabel Risco, "Ramona" (Actriz)

20.00 h En galego si, e en galego nos medios? Monólogo
-Isabel Risco "Ramona" (Actriz)

ORGANIZA
Comité da Faculta de Filoloxía da Campus da Coruña

COLABORA
Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego