CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


2055 votos
Votar | | | |


07-04-2009

A Oficina de Software Libre da USC organiza un obradoiro de tradución

USC
A Oficina de Software Libre da USC, xunto coa Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) e o Servizo de Normalización Lingüística da USC, organizan o primeiro obradoiro de tradución de software libre "ETSE Open de SL" para a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo así varios obxectivos recollidos tanto no Plan de normalización lingüística como no Plan estratéxico das TIC da USC.


Este obradoiro está aberto á participación de toda a comunidade universitaria e ten como obxectivo xeral promover a participación da comunidade universitaria no proceso de normalización lingüística e de progresiva adopción do software libre na USC.


Desenvolverase en dúas actividades diferentes:



  • Unha primeira acción formativa de 6 horas de duración cun enfoque eminentemente práctico para achegar aos participantes tanto as bases técnicas como prácticas para abordar proxectos de tradución.

  • E unha segunda acción práctica de 9 horas presenciais e 15 virtuais en que se levará a cabo a tradución ao galego dunha escolma de aplicacións libres feita pola ETSE de entre as utilizadas na docencia. Esta actividade desenvolverase, se for posíbel, por equipos ou parellas, de xeito que se axunten persoas con coñecementos e destrezas de tipo técnico e de tipo lingüístico. Os resultados desta actividade terán seguimento e supervisión por parte da organización durante as horas non presenciais, de xeito que os participantes poidan avaliar e mellorar a súa achega efectiva ao produto final así como avaliar e mellorar os seus coñecementos.


O programa deste obradoiro é o seguinte:



  • Obradoiro formativo de localización: xoves 30 de abril e 7 de maio, de 11-14 h

  • Obradoiro de localización: sábado 9 de maio, de 10 a 19 h

  • Lugar: ambos na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Aula I6, xunto ao Departamento de Electrónica e Computación do Monte da Condesa


Para máis información, podes consultar o Cartafol Dixital.




Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego