CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1615 votos
Votar | | | |


13-04-2009

O Concello de Boimorto convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística

O Concello de Boimorto convoca unha praza de persoal laboral temporal a xornada completa na modalidade de servizo de duración determinada para un/ha técnico/a en normalización lingüística. O prazo para presentar solicitudes é de 10 días naturais que contarán a partir do seguinte a que se publique o anuncio da convocatoria no BOP (luns 13 de abril de 2009)

A duración estimada do contrato é dun ano, sen prexuízo de que o servizo se poida manter a través da subvención da Deputación Provincial da Coruña (ou da Xunta de Galicia) coa correspondente continuación do contrato sen necesidade de prórroga se así o decidir a Alcaldía. A retribución bruta anual será de 12.961,20 € distribuídos en 12 pagas (extras rateadas).


Requisitos das persoas aspirantes:

  1. Ser español ou nacional dun Estado, membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados a que en virtude de tratados internacionais, realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.

  2. Ter dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

  3. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente e non ter sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

  4. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes.


Requisitos específicos:

  1. Estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía galega ou en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), ou titulado/a en calquera outra licenciatura e posuír o Celga 5.

  2. Estar en posesión do carné de conducir B1.


O sistema de elección é o concurso-oposición. A puntuación máxima da fase de oposición será de 15 puntos en que só se valorará a experiencia laboral a través dos méritos seguintes:


  • Por cada mes completo como persoal laboral (temporal) en postos de traballo de técnico/a en normalización lingüística na Administración local: 0,71 puntos ata un máximo de cinco puntos.

  • Por cada ano completo de servizos prestados na Administración local como persoal laboral fixo ou funcionario en postos de traballo de técnico/a en normalización lingüística concellos: 1 punto ata un máximo de 5 puntos.

  • Por cada ano completo en postos de traballo de técnico/a en normalización lingüística na empresa privada: 0,25 puntos ata un máximo de 5 puntos.


A fase de oposición valorarase até os 85 puntos e está formada por tres probas



  1. A primeira proba, de 28,33 puntos ( cun mínimo de 14,17 puntos para a superar), consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de 1 hora, un tema (de entre dous elixidos pola comisión de selección e determinados por esta inmediatamente antes do comezo da proba).

  2. O segundo exercicio, coa mesma puntuación que a anterior, será de carácter práctico e consistirá en realizar unha proba relacionada coas funcións do posto de traballo. O tempo para realizar este exercicio será de 1 hora. Terase en conta na motivación da puntuación a corrección e perfección no emprego da lingua galega así como a clareza expositiva, o coñecemento das funcións e ter propostas innovadoras.

  3. A terceira proba consistirá nunha entrevista curricular para valorar a adecuación do aspirante aos requirimentos específicos da praza convocada. Os membros do tribunal poderán facer preguntas relacionadas coas funcións e tarefas propias do posto, o currículo profesional das persoas aspirantes, experiencias formativas etc. A puntuación será a mesma que as probas anteriores


A instancias deberán ir acompañadas da seguinte documentación:



  • Fotocopia do DNI.

  • Fotocopia cotexada da titulación esixida.

  • Fotocopia cotexada dos documentos xustificativos dos méritos que se aleguen.

  • Fotocopia cotexada do carné de conducir tipo B1.


Podes consultar a convocatoria completa na ligazón seguinte


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego