CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1801 votos
Votar | | | |


23-04-2009

O Concello de Mesía convoca unha praza laboral temporal de técnico/a de normalización lingüística

Concello de MesíaO Concello de Mesía convoca a contratación temporal como persoal laboral dun técnico/a de normalización lingüística, mediante a modalidade de obra ou servizo determinado e utilizando o concurso - oposición como sistema de selección. O prazo para presentar solicitudes é de dez días que contarán a partir do seguinte de se publicaren as bases no Boletín Oficial da Provincia (23 de abril de 2009).

Duración do contrato
A duración inicial do contrato é ata o 31 de decembro de 2009, se ben esta contratación está vinculada á subvención outorgada pola Deputación Provincial da Coruña, polo que, de obterse nova subvención que financie o SNL, o Concello de Mesía terá a facultade de renovar/prorrogar o contrato coa persoa seleccionada até o 31 de decembro de 2011. No caso de que non se solicite ou non se conceda de novo a subvención, a relación laboral temporal quedará automaticamente extinguida.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais (xornada completa), en horario de mañá e tarde. O/a traballador/a terá un salario bruto mensual de 1.200,00 €.

Condicións dos aspirantes

Para seren admitidas ao presente proceso selectivo as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser español/a e maior de dezaseis anos, con idade non superior á xubilación, sen prexuízo do disposto na legalidade vixente para ou acceso dous nacionais dos Estados membros da UE, así como os estranxeiros residentes en España que reúnan os requisitos esixidos na Lei orgánica 8/2000.


  2. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivera sido separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.


  3. Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou desempeño das correspondentes funcións.


  4. Estar en posesión do título de licenciado ou equivalente en Filoloxía Galega, Filoloxía galego-portuguesa ou en Filoloxía Hispánica, subsección de galego-portugués, ou ser titulado en calquera outra licenciatura, debendo, neste último caso, estar en posesión do Celga 5.


  5. Os requisitos para concorrer están referidos ao último día de presentación de instancias. Os interesados que asinen a instancia de participación deberán reunilos requisitos da presente convocatoria, do contrario quedarán automaticamente eliminados, unha vez comprobada a documentación na fase de acreditación.



Presentación de solicitudes
1. As solicitudes para participar no proceso axustaranse a este modelo e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de dez días naturais dende a publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia. As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, neste último caso, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama, etc...) que deberá ter entrada no rexistro do concello antes de que remate o prazo fixado para presentar solicitudes.

2. Á instancia unirase inescusabelmente a seguinte documentación:

  • Copia cotexada do DNI

  • Copia cotexada do título esixido.

  • Documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non se presenten no momento da presentación da instancia.

  • Rematado o prazo para presentar instancias, o alcalde do Concello ditará resolución no prazo máximo de tres días hábiles en que se aprobe a listaxe de aspirantes admitidas e excluídas, que se publicará no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web municipal. No caso de que fosen admitidas todas as aspirantes presentadas, poderá ditarse directamente a listaxe definitiva de admitidas, sen prexuízo de que contra ela se poderá interpoñer os recursos procedentes en dereito.


  • As aspirantes excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas disporán dun prazo de 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no taboleiro de anuncios do concello para emendar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidas e excluídas. As aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a relación de admitidas elevarase a definitiva. En todo caso a listaxe definitiva ditarase no prazo máximo de tres días hábiles dende o remate do prazo de emenda e publicarase no taboleiro de anuncios do Concello.

  • Na mesma resolución o alcalde determinará o lugar, hora e data de avaliación dos méritos debidamente acreditados polas aspirantes e da realización das probas, que se publicará igualmente no taboleiro de anuncios do Concello.



Sistema de elección

1. O sistema de selección será o de concurso-oposición.
2. O Tribunal non poderá avaliar o non alegado e acreditado polas aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes ao proceso selectivo.
3. Na fase de concurso avaliaranse os seguintes méritos:

  • Experiencia laboral. Máximo 3 puntos

    Como normalizador/a lingüístico/a na administración pública: 0,20 puntos por mes de servizo.
    Na empresa privada: 0,10 puntos por mes de servizo.
    Como profesor/a de lingua galega en colexios públicos ou privados. 0,15 puntos por mes de servizo.
    Pola impartición de cursos de lingua galega: menos de 20 horas (0,10 puntos); de 20 a 49 horas (0,30 puntos), de 50 a 99 horas (0,50 puntos); de 100 horas ou máis (0,70 puntos).

  • Formación. Máximo 3 puntos
    Asistencia a cursos, congresos, simposios, directamente relacionados coas tarefas a desenvolver e cursos de informática.

    - Menos de 20 horas: 0,10 puntos.
    - de 20 a 49 horas: 0,20 puntos.
    - de 50 a 99 horas: 0,30 puntos.
    - de 100 horas ou máis: 0,50 puntos.

  • A prestación de servizos deberase acreditar mediante a presentación dos seguintes documentos:

    - Contrato de traballo ou certificado emitido polo órgano competente dos servizos prestados.

    - Informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

    A formación acreditarase mediante diplomas ou certificacións expedidas polas entidades organizadoras.

    Ningún mérito poderá utilizarse para puntuar en máis dun apartado.

    4.- A fase de oposición consistirá en dous exercicios:

    4.1. O primeiro exercicio consistirá en desenvolver, por escrito, nun tempo máximo dunha hora e media, un tema referido ao temario que figura no anexo II destas bases.

    Puntuación máxima: 12 puntos, cun mínimo de 6 puntos.

    4.2. O segundo exercicio consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego, nun tempo máximo dunha hora.

    Puntuación máxima: 8 puntos, e deberase acadar un mínimo de 4 puntos.

    5.- Entrevista persoal.

    Valorarase até un máximo de 2,5 puntos. A entrevista persoal será sobre as tarefas para desenvolver e os méritos alegados, e estará dirixida a apreciar a adecuación entre a aspirante e o perfil do posto de traballo a ocupar.

    Máis información no web do Concello de Mesía

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego