CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7276 votos
Votar | | | |


30-04-2009

A Mesa de Lugo convoca o II Concurso de vídeos Mobilízate pola lingua

Concurso vídeos Mesa LugoA Mesa pola Normalización Lingüística da zona de Lugo centro organiza, por segundo ano consecutivo, o concurso de vídeos Mobilízate pola Lingua, que pretende que os rapaces e as rapazas de toda Galiza graven cos seus teléfonos móbiles situacións da súa vida cotiá nas que teñen problemas ou dificultades para poder expresarse en galego.

O prazo de envío de vídeos remata o vindeiro 13 de maio.

As bases do concurso foron enviadas a todos os centros de ensino de primaria e secundaria da provincia, así como ás escolas de imaxe e son. Poden tamén consultarse no blog na Mesa de Lugo.

As gravacións poderán ter unha duración máxima de dous minutos en calquera formato. Teñen cabida pezas e creacións de todo tipo, dende o punto de vista humorístico, dramático, épico ou simplemente descritivo.

Os membros do xurado serán persoas vinculadas ao mundo audiovisual galego e á normalización lingüística, entre eles o director de cinema Jorge Coira e Nel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

O acto de entrega de premios terá lugar no salón de actos da Deputación de Lugo o 14 de maio ás 20.00 horas. Proxectaránse todas as curtas recibidas e os videos gañadores. Os premios consisten en tecnoloxía en galego.


Ligazóns relacionadas

Bases do II Concurso de vídeos Mobilízate pola lingua

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego