CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7466 votos
Votar | | | |


06-05-2009

Representantes de Asturies, Balears, Euskadi e Galiza, nas I Xornaes Mocedá y Llingües Minorizaes en Uviéu

I Xornaes Mocedá y Llingües minorizaesRepresentantes de asociacións e entidades que traballan pola normalización lingüística en varios territorios do Estado participan nas I Xornaes Mocedá y Llingües minorizaes, que teñen lugar o 8 e 9 de maio en Uviéu, Asturies.

O Conseyu de la Mocedá d 'Asturies e a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, en colaboración con outras entidades, organizan estas I Xornaes Mocedá y Llingües minorizaes, nas que participan representantes de Asturies, Galiza, Euskadi e Illes Balears.

As xornadas desenvolveranse o venres 8 e o sábado 9 de maio, no Auditorio Príncipe Felipe de Uviéu.

O primeiro día, ás 11.30 h, intervirán Asier Amondo, da Coordinadora d 'Euskaldunización e Alfabetización (AEK, polas súas siglas en 'euskera'), Xosé Antón González Riaño, da Academia de la Llingua Asturiana, e Marta Carrió, do Consell de Juventut Balears.

Todos eles falarán sobre os 'Enfoques educativos de les llingües minorizaes'. Este mesmo día, pola tarde, terá lugar a manifestación pola oficialidade, coincidindo coa celebración do Día de les Lletres Asturianes, a partir das 19.00 h na Estación de Renfe.

Ao día seguinte, ás 10.00 h, David Forniés, do Centre Internacional Escarré per a les Minoríes Étnicas y Naciones (Ciemen) e Xurde Blanco Puente, presidente do Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu, para dar unha charla sobre as ferramentas de normalización no ámbito político e lingüístico.

Ás 12.00 h, coa mesma temática, será a quenda de Penélope Miranda, presidenta da Asociación de Trabayadores de Normalización Llingüística en Asturias, e Nancy Domínguez, responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Consello da Xuventude de Galicia.

Ás 17.00 h haberá unha mesa redonda de 'Medios de Comunicación: oportunidaes y torgues pa la diversidá llingüística' na que participarán Rhodri ap Dyfrig, do Mercator (Gales); Montse Besada Vergara, produtora do programa Xabarín Club, da Televisión de Galicia; Beatriz Redondo Viado, directora do semanario Les Noticies; Próspero Morán, director do portal de Internet Asturnews; e Fernando de la Fuente Trabanco, director do portal de internet Asturies.com.

Paralelamente, en diferentes municipios asturianos, organizaranse obradoiros de diversas técnicas de creación artística en relación coa lingua asturiana, como a elaboración de cómics, a maquillaxe ou a fotografía dixital. Tamén se fará un mural e xogarase un partido pola oficialidade, este último ás 17.00 h, no polideportivo de Pola de Laviana.

Máis información, aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego