CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1092 votos
Votar | | | |


18-05-2009

25 anos despois da Declaración de alcaldes de Compostela, o Concello de Santiago renova e fortalece o seu compromiso coa normalización social da lingua galega

Pazo de RaxoiCando se cumpren 25 anos da "Declaración dos alcaldes galegos reunidos en Compostela", que en 1984 xuntou na capital galega arredor de 100 alcaldes, o Concello de Santiago de Compostela renova e reforza o seu compromiso coa promoción social da lingua galega e aproba unha nova declaración para o impulso do uso da lingua galega desde a administración municipal

En maio de 1984, hai agora 25 anos, case cen alcaldes reuníronse na capital galega convocados polo Concello de Santiago de Compostela e apoiaron unha declaración na que se manifestaba a necesidade de protexer e promover o uso da lingua galega desde a administración local.

Nesa «Declaración dos alcaldes galegos reunidos en Santiago de Compostela» [.pdf, 141 KB] recollíanse medidas diversas para desenvolver desde os concellos, como a valoración do coñecemento do idioma para o acceso á función pública, a programación de cursos de lingua galega, o uso do galego en toda a documentación escrita e rotulación, a creación de servizos de normalización lingüística ou a promoción social do uso do galego mediante campañas en todos os ámbitos.

Agora, 25 anos despois, desde a Corporación Municipal de Santiago de Compostela queren conmemorar, mais sobre todo renovar, actualizar e fortalecer aquel compromiso, polo que aprobaron en Xunta de Goberno unha nova Declaración institucional para o impulso social da lingua galega [.pdf, 66,8 KB].

Na declaración incídese en que a normalización lingüística necesita a implicación da sociedade, e para iso, "as administracións deben implementar políticas lingüísticas activas, dinámicas e integradoras que fagan partícipes do proceso normalizador ás distintas entidades, sectores e colectivos sociais".

E recoñecendo os avances, a declaración sinala que "nestes 25 anos o uso do idioma que nos é propio retrocedeu socialmente como lingua inicial e como lingua de uso espontáneo, polo que cómpre fortalecer o compromiso das distintas administracións que teñen a obriga e responsabilidade de apoiar socialmente a normalización da nosa lingua".

Deste xeito, a Corporación Municipal comprométese a adoptar medidas como as recollidas tanto no Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG) como no Plan de normalización lingüística do propio Concello; o impulso do servizo de normalización lingüística; o uso do galego por parte de todos os cargos no desempeño da súa responsabilidade pública; o estabelecemento do uso do galego como lingua inicial por defecto en todos os departamentos e por parte de todos/as os/as traballadores/as municipais; a fixación do uso do galego tanto na concesión de subvención como nas compras produtos, contratacións de servizos, etc.; a acción transversal de impulso ao galego nas diferentes accións desenvolvidas desde o Concello en todos os ámbitos; ou a actualización do Regulamento do uso da lingua galega para estabelecer, cando menos, as medidas normalizadoras sinaladas na propia declaración.

- Declaración institucional para o impulso social da lingua galega desde o Concello de Santiago de Compostela (2009) [.pdf, 66,8 KB]

- Declaración dos alcaldes galegos reunidos en Santiago de Compostela (1984) [.pdf, 141 KB]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego