CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


4574 votos
Votar | | | |


02-06-2009

Plans, participación e consenso

OPINIÓN: por Isabel Vaquero Quintela

Isabel Vaquero QuintelaEn setembro de 2004 moitas asociacións e persoas nos manifestabamos publicamente, diante da elaboración do Plan xeral de normalización lingüística que estaba promovendo a Xunta de Galicia –daquela en mans do Partido Popular–, a prol dun plan de normalización aberto e participativo. Tamén a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

Defendemos daquela que un plan xeral de política lingüística permitiría ordenar e orientar a intervención normalizadora de acordo cuns obxectivos pactados pola sociedade que protagoniza e pon en marcha o proceso. Tratábase de que a negociación fose non só política –no Parlamento– senón tamén social, de que nela participasen cantos «están moi en favor da galeguización e os que o non están tanto, entre aquelas entidades que xa levan moito traballado para conseguir isto e as que ainda non pensaron niso... Un proceso de diálogo que teña como protagonista a sociedade para definir o que queremos que pase coa língua deste país e como imos consegui-lo». Na base do noso razoamento, argumentos propios da dinamización lingüística: só coa reflexión nun proceso participativo e coa asunción de obxectivos e compromisos por unha base social o máis ampla posible se podería lograr un clima axeitado para levalo adiante. O proceso tamén é importante.

En setembro de 2004 aprobouse no Parlamento o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) impulsado polo goberno de Fraga, por unanimidade. Ninguén fixo caso, ninguén, das nosas consideracións.

Ese mesmo goberno non tivo maior interese en botar a andar o PXNLG durante os meses que aínda lles tocou gobernar. E non é o obxectivo deste artigo valorar canto fixo o bipartito nestes catro anos pasados para poñelo en marcha. É evidente que non houbo unha priorización do que cumpría executar do PXNLG, nin se planificou como facelo (recursos, responsables, secuenciación...). Mais tamén resulta evidente que executou algunha das medidas incluídas no PXNLG, especialmente no que se refire á educación; por exemplo, a creación das galescolas (medida 2.1.22 do sector Educación) ou o famoso Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción da lingua galega no sistema educativo, que non fai máis que trasladar en forma de normal legal o que di o consensuado PXNLG: que o alumnado reciba como mínimo o 50% da docencia en galego (medidas 2.1.26 e 2.1.27).

O bipartito non só tivo –a través neste caso da Consellaría de Educación– o gran sentido político de implementar unha medida crucial para lograr a mesma competencia lingüística en galego e en castelán (un mandato legal derivado da Lei de normalización lingüística que non se estaba a conseguir e que é o obxectivo específico do PXNLG a que responde a medida), senón que mesmo negociaron o texto malia contaren con consenso previo do PXNLG, e coa maioría en deputados/as e en votos, polo cal resultou sorprendente o rexeitamento do PP a última hora, despois de anunciar nun primeiro momento o seu voto favorable.

De novo unha serie de colectivos e persoas de xeito individual ao tempo que apoiaban publicamente o decreto solicitaban que a actuación non ficase reducida a unha norma legal, pois o contexto esixía medidas complementarias: «Singularmente, demandámoslle á Administración educativa a dotación de (...) campañas de sensibilización dirixidas a desterrar os prexuízos existentes sobre a presenza escolar do galego.» Aínda que efectivamente, as cousas melloraron, semella que os equipos de normalización lingüística seguen sendo insuficientes tal e como agora está concibidos para dinamizar os centros e mais toda a contorna educativa. Cumpría ter realizado unha forte acción dinamizadora complementaria da regulación para parar a que estaba vindo...

(Hai cuestións en que os gobernos teñen que ir por diante da cidadanía, como se fixo hai 25 anos, cando se introduciu no sistema educativo unha materia, Lingua galega, malia as protestas de alumnos/as e de proxenitores por termos máis horas de clase á semana... Xa hai moito tempo que ninguén o cuestiona.)

Pasou o tempo e mudou o goberno. Para o novo executivo, o Plan xeral de normalización non é unha obriga legal (evidentemente!) senón «un remuíño de ideas, un compendio de vontades e medidas que hai que concretar», e hai que «recuperar o consenso».

A base de toda negociación e consenso é a vontade negociadora e, sobre todo, a confianza. Como se pode confiar na negociación cunha parte que continuamente se volve atrás nos acordos a que chega (mesmo sendo a parte promotora) e que por riba acusa a todos de rompelos? Como se pode ter confianza nunha parte cando pola boca pide consenso, e porén resolve eliminar o desenvolvemento dunha proba selectiva en galego para o acceso á función pública, desprezando as mesas de negociación e facendo valer a súa maioría absoluta e convidando os sindicatos a que asuman os resultados electorais? Como, despois de rachar o consenso dúas veces no tema do Decreto, se pode pretender que o resto das forzas e organizacións «volvan ao rego» e achanten sen chistar cunha política que rebaixa considerablemente o estatus e o espazo do galego a respecto do que si estaba xa pactado cinco anos antes?

Terían sido as cousas diferentes se o consenso con que se aprobou o PXNLG fora o resultado dun proceso participativo amplo que tivese o seu cumio simbólico na aprobación unánime polo Parlamento, como propoñiamos? Teriamos evitado ou minorado deste xeito, mediante unha maioría social máis ampla e comprometida co idioma, a acción de grupúsculos e grupos contrarios ao proceso de normalización lingüística? Teriamos evitado que o PP se desmarcara tan doada e rapidamente dos acordos a que se sumou en 2004, se foran máis coñecidos polos movementos cidadáns e se sentisen implicados con eles?


Isabel Vaquero Quintela é técnica de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e socia fundadora da CTNL [+info]


Podes descargar en formato .pdf [100 KB] o artigo "Plans, participación e consenso", de Isabel Vaquero Quintela


Ligazóns relacionadas


Artigo "Plans, participación e consenso", de Isabel Vaquero, en .pdf [100 KB]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego