CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9059 votos
Votar | | | |


17-06-2009

Xornada de formación en dereitos e estratexias lingüísticas. Argumentos para o debate social na defensa do galego

Xornada de formación en dereitos e estratexias lingüísticasA Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, promove a Xornada de formación en dereitos e estratexias lingüísticas. Argumentos para o debate social na defensa do galego, que terá lugar o sábado 27 de xuño pola tarde no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, en Santiago de Compostela.

[PODES DESCARGAR AQUÍ A INFORMACIÓN COMPLETA EN .PDF]

OBXECTIVOS XERAIS DA XORNADA
Con esta xornada preténdese transmitir dun xeito moi breve, claro e sinxelo a evolución e situación sociolingüística actual e difundir os dereitos e deberes lingüísticos que nos asisten sectorialmente, así como arrombar cos tópicos que están servindo de escusa para reducir a presenza pública galego
  • Sobre sociolingüística e planificación: Preténdense dar a coñecer neste apartado as liñas mestras da situación sociolingüística actual, as razóns da súa evolución e as estratexias que se pretenden para mudar a tendencia apuntada nos últimos anos. Quérese tamén enxergar a situación da lingua na realidade social, como marco de partida para comprendérmonos a falacia argumental dos siloxismos de quen pretenden reducir a presenza social do galego

  • Sobre dereitos lingüísticos: Procurarase, dun xeito áxil e comprensíbel, transmitir cal é o estatus legal do galego, fundamentalmente nos eidos constitucional, da función pública e do ensino, así como demostrar as falacias nas que se asentan os razoamentos detractores do fomento do galego. Farase isto dende a perspectiva de todas as situacións sociais posíbeis e así fornecer de argumentos o debate social sobre a presenza do galego en todos os foros públicos, combatendo posicións antigalegas dende as súas propias estruturas dialécticas, para contraargumentar eficazmente os discursos negativos

PERSOAS DESTINATARIAS E PARTICIPACIÓN
Poden participar nesta xornada todas aquelas persoas que o desexen, de balde e sen inscrición previa


PROGRAMA DA XORNADA

17.15 h. Recepción e entrega de documentación

17.30 h. SOBRE SOCIOLINGÜÍSTICA E PLANIFICACIÓN
  • Evolución dos datos sociolingüísticos en Galiza. Claves interpretativas da situación actual
    Goretti Sanmartín Rei
    Xefa do Servizo de Normalización Lingüística e profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña

  • As políticas de planificación lingüística como resposta ás tendencias desgaleguizadoras da sociedade
    Mª do Pilar García Negro
    Profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña

18.30 h. Debate e pausa

19.00 h. SOBRE DEREITOS LINGÜÍSTICOS
  • Aspectos constitucionais do estatuto xurídico do galego. Realidade xurídica, mitos e propostas públicas de dubidosa legalidade
    Luís Villares Naveira
    Xuíz titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución da Fonsagrada

  • Estatuto xurídico do galego na función pública. Notas para o exercicio dos dereitos lingüísticos fronte e dende as administracións públicas
    Xabier Antonio Ferreira Fernández
    Profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela

  • Estatuto xurídico do galego no ensino non universitario. Argumentos para o debate social dende a perspectiva do estudantado, as familias e a comunidade educativa
    Alba Nogueira López
    Profesora titular de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela

20.15 horas. Debate e peche da xornada ás 20.45 h


LUGAR
Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo. Santiago de Compostela)

Visualizar o mapa ampliado


[PODES DESCARGAR AQUÍ A INFORMACIÓN COMPLETA EN .PDF]

PROMOVE
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

COLABORA
A Mesa pola Normalización Lingüística


Ligazóns relacionadas


Xornada de formación en dereitos e estratexias lingüísticas. Argumentos para o debate social na defensa do galego [.pdf]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego