CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


5744 votos
Votar | | | |


17-06-2009

Os/as profesores/as de lingua castelá difunden un manifesto de apoio ao galego e rexeitan tamén a consulta de Educación

lingua casteláUn grupo de profesores e profesoras de lingua castelá fixo público un manifesto de apoio ao galego e no que cuestionan a falta de sensibilidade e a carencia de rigor científico que se trasluce na consulta sobre as linguas no ensino que promove estes días a administración educativa. O manifesto está aberto ao apoio do profesorado de lingua castelá.

O profesorado de español pode asinar pinchando aquí

TEXTO COMPLETO DO MANIFESTO

Os e as asinantes deste manifesto, profesionais da docencia dedicados á ensinanza da lingua castelá, queremos facer constar o seguinte:

1.- A nosa experiencia socio-educativa como profesionais con competencia no ámbito da docencia lingüística demostra que o castelán non sofre ningún tipo de ameaza na nosa comunidade. Disfrutamos de todos os medios que unha sociedade moderna pode pór a disposición do alumnado e o profesorado de lingua e de literatura.

2.- Sentímonos orgullosos e orgullosas de poder transmitirlle ao noso alumnado toda a riqueza patrimonial, lingüística e literaria do español das dúas beiras do atlántico, mais tamén sentimos o orgullo de formarmos parte da comunidade galego falante, posuidora igualmente dun amplísimo patrimonio oral, dunha literatura de primeirísimo nível e con capacidade para abrirnos as portas do portugués.

3.- Termos dúas linguas oficiais é unha riqueza evidente, e é tarefa educativa de primeira orde lograr a igualdade de competencias lingüísticas nos dous idiomas. Non obstante, somos conscientes das dificuldades e ameazas nas que se atopa a día de hoxe tanto a nível oral como escrito o idioma propio da nosa comunidade, o galego.

En consecuencia, rexeitamos, ou cando menos cuestionamos, a falta de sensibilidade e a carencia de rigor científico que se transluce na consulta sobre as linguas no ensino que promove estes días a administración educativa.

Máis información, aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego