CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


4891 votos
Votar | | | |


02-07-2009

Convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades de fóra de Galiza

Rede de Centros de Estudos GalegosA Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca oito prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en Cuba, Reino Unido, Irlanda, Brasil, Francia, Alemaña e Euskadi. O prazo de solicitude estará aberto até o 3 de agosto.

No Diario Oficial de Galicia do xoves 2 de xullo está publicada a convocatoria ordinaria para cubrir prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos seguintes centros:
  • Universidade de La Habana

  • Universidade de Birmingham

  • Queen’s College, Universidade de Oxford

  • Universidade de Cork

  • Universidade Federal da Bahía

  • Universidade de París III, A Sorbona

  • Universidade de Trier

  • Universidade do País Vasco

Poderán participar nesta convocatoria persoas licenciadas en Filoloxía Galega ou equivalente, en Filoloxía Románica con galego como primeira ou segunda lingua e, dependendo do centro do que se trate, en Tradución e Interpretación, sempre que se acrediten 27 créditos de galego.

As persoas seleccionadas serán nomeadas por un ano, con posibilidade a renovar até dous anos máis.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG.

A convocatoria completa, en .pdf, pode descargarse aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego