CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7756 votos
Votar | | | |


07-07-2009

A Fegamp tamén conmemora os 25 anos da Declaración de alcaldes de Compostela para a defensa da lingua nas corporacións locais

25 anos da Declaración de CompostelaEn maio de 1984, máis de 100 rexedores asinaron a "Declaración dos alcaldes galegos reunidos en Compostela", na que se manifestaba a necesidade de protexer e promover o uso da lingua galega desde a administración local. Agora, o día 10 de xullo, a Fegamp convoca novamente os concellos galegos para conmemorar o 25 aniversario daquela declaración.

En 1984, un ano despois de ser aprobada no Parlamento a Lei 3/1983, de normalización lingüística, o Concello de Santiago de Compostela convocou unha asemblea de concellos galegos á que acudiron máis de 100 rexedores e na que se aprobou a "Declaración dos alcaldes galegos reunidos en Santiago de Compostela" [.pdf, 141 KB]

Agora, vinte e cinco anos despois, e logo de que o Concello de Santiago de Compostela xa aprobase no mes de maio unha nova declaración, a Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) súmase á conmemoración do 25 aniversario e organiza un acto que terá lugar o venres 10 de xullo ás 12.00 h no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.

Para ese acto, a Fegamp e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística propoñen a aprobación dun novo texto que se refire só á galeguización das actividades das policías locais e das asesorías xurídicas dos concellos, e non a todos os ámbitos municipais, como si se fixo coa Declaración institucional para o impulso social da lingua galega que o Concello de Santiago de Compostela aprobou en maio deste ano non só para conmemorar, senón sobre todo para renovar, actualizar e fortalecer aquel compromiso inicial de 1984.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego