CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9077 votos
Votar | | | |


13-07-2009

Esta semana ten lugar en Carballo o curso de verán no que se analizarán o compromiso e os argumentos para a defensa e promoción da lingua galega

V Curso de verán sobre dinamización lingüística (2009)O V Curso de verán sobre dinamización lingüística «Traballando en lingua» ten lugar no Pazo da Cultura de Carballo do mércores 15 ao venres 17 de xullo. Algunhas das sesións do curso serán abertas a todo o público interesado en asistir, como a do sociolingüista Miquel Strubell, a do xuíz Luís Villares e a da profesora Pilar Freitas. O curso inclúe ademais actividades paralelas abertas ao público, como a representación da obra de teatro Comedia bífida, ou a exposición Crónicas da represión lingüística.

[PROGRAMA COMPLETO E DEFINITIVO EN .PDF]

Entre o mércores 15 e o venres 17 de xullo ten lugar no Pazo da Cultura de Carballo o V Curso de verán sobre Dinamización Lingüística «Traballando en lingua», que este ano se centrará na análise do compromiso individual aos argumentos para a defensa e promoción da lingua galega. O curso está organizado pola Universidade da Coruña, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración co Concello de Carballo e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). Nalgunhas das actividades do curso tamén colabora a Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

A inauguración terá lugar o mércores 15 ás 10.15 h, e nela intervirán o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo Suárez; o deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán M. Sande Muñiz; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez; a directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, Goretti Sanmartín Rei; e o presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), Nel Vidal Barral.

ALGUNHAS SESIÓNS ABERTAS AO PÚBLICO

Nesta quinta edición do curso participarán arredor de 80 persoas, maioritariamente expertos en normalización lingüística, mais debido á moi superior demanda de matrícula, algunhas das sesións faranse abertas ao público, para que todas as persoas interesadas poidan asistir. Estas sesións abertas serán as conferencias Razóns para defendermos as linguas ameazadas, do sociolingüista catalán Miquel Strubell (mércores 15 ás 11.00 h); Estado democrático e normalización lingüística, do xuíz e coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia, Luís Villares Naveira (mércores 15 ás 12.30 h); e Pegadas actuais da represión lingüística exercida sobre o galego ao longo do s. XX, da profesora Pilar Freitas (xoves 16 ás 10.00 h).

Ao longo dos tres días, ademais destes temas trataranse outros como a perspectiva individual na defensa dos nosos dereitos (a cargo de Beatriz Vilaverde e Miguel Moreira), o aproveitamento das redes de apoio á lingua por parte dos servizos de normalización lingüística (a cargo de Iolanda Gomis), ou a inutilidade das linguas (a cargo de Goretti Sanmartín). Ademais, haberá diversas sesións de traballo sobre temas como o bilingüismo e a conservación do idioma; a lingua e o ensino; o papel da irradiación lingüística; ou a integración no galego desde outras realidades.

OUTRAS ACTIVIDADES PARALELAS
Alén de todo isto, o curso inclúe outras actividades paralelas abertas a todo o público, como a exposición de Xan Leira Crónicas da represión lingüística (organizada pola Deputación da Coruña), que estará en Carballo entre o 16 e 31 de xullo e que se inaugura o xoves 16 ás 20.00 h coa participación de Evencio Ferrero, Xoán Sande, Belén Lendoiro e Xan Leira. A continuación, o mesmo xoves 16 ás 20.30 h, Nobicarelo Teatro representará a obra Comedia bífida, baseada no libro do mesmo nome de Manuel Núñez Singala. A asistencia a esta representación é libre e de balde até completar aforo.


Ligazóns relacionadas


Programa definitivo do V Curso de verán sobre dinamización lingüística (2009)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego