CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


7271 votos
Votar | | | |


22-07-2009

Cursos de formación de profesorado de galego e de avaliadores Celga

Participantes en cursosA Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organiza diversos cursos dirixidos ao seu profesorado colaborador. Un Curso de formación de avaliadores terá lugar os días 6 e 7 de agosto, e un Curso de formación de profesorado de galego desenvolverase entre o 27 de xullo e o 5 de agosto.

Curso de formación de avaliadores Celga

-Datas do curso: 6 e 7 de agosto do 2009 (8 horas), en horario de mañá
-Datas da matrícula: 14 ao 24 de xullo do 2009

Os días 6 e 7 de agosto terá lugar en Santiago de Compostela unha nova edición das Xornadas de Formación de Avaliadores do Celga/Curso de formación de avaliadores Celga, organizadas conxuntamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.

Para poder participar nestas xornadas, é necesario ter realizado o Curso de Formación de Profesores de Galego, que organizan conxuntamente a SXPL e Cursos Internacionais da USC.

Tamén é necesario estar inscrito/a nas listas de profesorado colaborador da SXPL.

Toda a información en Cursos Internacionais - USC
Tfno.: 981 597 035
Fax: 981 597 036
Enderezo electrónico: linguas@usc.es


Curso de formación de profesorado de galego

-Datas do curso: 27 de xullo - 5 de agosto de 2009 (en horario de mañá)
-Datas da matrícula: 7 ao 17 de xullo do 2009

Lugar de celebración: Campus Sur da USC - Santiago de Compostela

Destinatarios
Profesores colaboradores da SXPL e profesores das Escolas Oficiais de Idiomas.
Licenciados/as en Filoloxía Galega, que non recibisen formación por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que estean inscritos nas listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Licenciados/as en Filoloxía Galega, que non recibisen cursos de formación por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que sexan solicitantes de inscrición na listaxe de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Licenciados/as noutras filoloxías ou en Tradución e Interpretación, sempre e cando cursasen materias de lingua galega.

Toda a información en:

Cursos Internacionais da USC
Tfno.: 981 597 035
Fax: 981 597 036
Enderezo electrónico: linguas@usc.es

Pódese consultar o programa de formación para o profesorado colaborador da SXPL en .pdf aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego