CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1245 votos
Votar | | | |


24-07-2009

Queremos galego. Constitución dunha plataforma cidadá en defensa da lingua

Queremos galegoA partir dun grupo inicial formado por máis de 40 entidades sociais tanto de ámbito nacional como de ámbito local e comarcal, comeza a constitución da plataforma cidadá en defensa da lingua galega "Queremos galego".

Esta plataforma cidadá nace coa pretensión de unir persoas, colectivos e institucións da máis diversa natureza baixo tres premisas básicas:

1.- A lingua galega é patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo galego, e as institucións públicas teñen a responsabilidade e obriga de protexela e promocionala.

2.- A normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo, polo que desde as institucións públicas non se poden tomar medidas que desprotexan ou reduzan a presenza do galego en ningún ámbito.

3.- Os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos asinados por todos, e o consenso para a lingua galega está no fixado no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2004, así como na Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, ratificado por unanimidade polo Congreso en 2001.


A plataforma QUEREMOS GALEGO comeza a súa andaina sobre dúas propostas de traballo concretas: o impulso e desenvolvemento dunha Iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos e a convocatoria dunha gran mobilización nacional en Santiago de Compostela para o outono. Ambas as iniciativas serán dadas a coñecer publicamente no ecuador do mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar.

Até ese momento, as persoas e entidades promotoras da nova plataforma cidadá en defensa da lingua “continuarán afortalando e alargando” a estrutura da mesma, facendo “un traballo social intenso” que estará centrado no contacto con todo tipo de entidades, da tipoloxía máis diversa, así como persoas individuais, para as convidar a sumarse ao que queren que sexa un “espazo común aberto á participación” no que converxan “todas aquelas persoas, sectores e propostas que hoxe están a responder á agresiva e regresiva política lingüística do goberno do Partido Popular”.

Entre as entidades de carácter nacional que fan parte da plataforma neste seu momento constituínte están A Mesa, ADEGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a AS-PG, o BNG, a CIG, os Comités, a Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización da Lingua, Esquerda Unida, a Fundación Castelao, a Fundación Pedrón de Ouro, Galiza Nova ou o Sindicato Labrego Galego. Con todo, QUEREMOS GALEGO prevé que “nun breve prazo” sexan moitas máis as entidades e persoas que se vaian sumando, dado “o interese” que, segundo indican, espertou a iniciativa, nun momento caracterizado “polos profundos e continuos ataques que está a padecer a nosa cultura”.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego