CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8258 votos
Votar | | | |


31-08-2009

O Concello da Baña convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística

Concello da BañaO Concello da Baña convoca a contratación dunha persoa como técnica de normalización lingüística co carácter de persoal laboral temporal. O prazo para presentar solicitudes é de 10 días naturais a partir do seguinte ao de se publicar a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (31 de agosto de 2009).

O proceso selectivo conta de tres fases:

FASE DE CONCURSO, cunha puntuación máxima de 8 puntos. Nesta fase valorarase o seguinte:

  • Experiencia profesional acreditada no desenvolvemento de traballos similares aos da praza que se convoca realizados na Administración Pública e/ou en entes dependentes do sector público, cuxa actividade deberá acreditarse documentalmente (contrato de traballo, certificado de empresa e vida laboral); 0.1 puntos por mes traballado. A puntuación máxima será de catro puntos.

    Para avaliar a experiencia profesional achegarase unha certificación da vida laboral expedida pola Seguridade Social, acompañada dun contrato de traballo, ou dun certificado de empresa ou entidade que exprese o tempo de traballo e a categoría do posto de traballo, mediante documentos orixinais ou fotocopias compulsadas.


  • Pola posesión de cursos de lingua galega (non se avaliará o que se achegar para acreditar o coñecemento da lingua esixido como requisito), cursos de informática e de outros contidos relacionados coas funcións da praza convocada, impartidos pola Administracións pública e entidades oficiais e/ou recoñecidas pola Administración pública. Avaliaranse ata un máximo de dous puntos, coa seguinte varemación:

    • de 30 a 50 horas lectivas 0.2 puntos.

    • de 51 a 100 horas lectivas 0.5 puntos.

    • de 101 a 200 horas lectivas 0.75 puntos.

    • cursos de máis de 200 horas lectivas: 1.00 puntos.



  • Por impartir cursos de lingua galega valorarase ata un máximo de 2 puntos, a razón de 0.5 puntos por cada curso de duración igual ou superior a 70 horas.


Para avaliar os títulos achegaranse os propios títulos, diplomas ou certificados, orixinais ou en fotocopias compulsadas.


Para avaliar os cursos achegaranse os certificados con expresión das horas de duración, orixinais ou fotocopias compulsadas.


Para avaliar outra experiencia profesional achegaranse os contratos laborais administrativos e/ou mercantís ou certificado do organismo ou empresa acreditativo e facturas emitidas no seu caso, orixinais ou fotocopias compulsadas.




FASE DE OPOSICIÓN: Consiste na realización dunha proba práctica cunha duración dunha hora e cunha puntuación máxima de 20 puntos.



FASE DE ENTREVISTA PERSOAL: Consistirá na formulación de preguntas relacionadas coa proba práctica, coas tarefas que se desenvolverán e cos méritos alegados. A puntuación máxima será de 7 puntos.

Podes consultar a convocatoria completa na páxina do Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 31 de agosto de 2009.


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego