04-09-2009Volven as festas dos Axóuxeres
Ao longo do mes de setembro celebraranse novas Festas dos Axóuxeres en todas as cidades galegas, e durante os meses de outubro e novembro terán lugar Encontros de Axóuxeres en diferentes vilas. Estas actividades, organizadas pola SXPL, teñen como obxectivo fomentar a transmisión e o uso do galego desde as idades máis temperás.
PROGRAMA DAS FESTAS DOS AXÓUXERES-5 de setembro:
A Coruña. Paseo das Pontes. Ás 12.00 horas
-6 de setembro:
Ferrol. Praza da Constitución. Ás 12.00 horas
-12 de setembro:
Ourense. Parque Barbaña. Ás 12.00 horas
-13 de setembro:
Lugo. Horta do Seminario. Ás 12.00 horas
-19 de setembro:
Pontevedra. Praza da Ferraría. Ás 12.00 horas
-20 de setembro:
Vigo. Praza do Rei. 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas
-26 de setembro:
Santiago de Compostela. Igrexa de Santa Susana (Alameda). 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas
Posteriormente, nos meses de outubro e novembro, terán lugar os
Encontros dos Axóuxeres (en formato máis reducido) que este ano viaxarán a
Xinzo de Limia, Celanova, Lalín, Valga, O Grove, Moaña, Arzúa, Ames, A Laracha, Castro de Rei, Barreiros e
Cariño.