CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9426 votos
Votar | | | |


09-09-2009

Colega, xa hai novo método de lectoescritura en galego

ColegaColega, derivado de “Comprensión e Lectoescritura en Galego”, é un método dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria que se inician no achegamento á lectura e á escritura. Trátase dun método lúdico que inicialmente está formado por cinco cadernos tanto para seren empregado no colexio como para servir de apoio na casa.

Segundo informa o portal Vieiros, a aparición dos cadernos son a carta de presentación dunha nova editorial que naceu este ano en Vigo. Chámase Glía Edición e centrará o seu catálogo no campo técnico e educativo.

As autoras tentaron ir máis alá dun simple método para aprender a debuxar letras e quixeron crear un método que resultase lúdico e que ademais das actividades típicas potenciase outras habilidades como a atención, a memoria, a discriminación auditiva e visual, etc. Os cadernos Colega están pensados tanto para seren empregados nas aulas como para servir de apoio na casa.

O equipo de profesoras responsábeis do proxecto queren darlle continuidade, e xa pensan en novos materiais que completen a adquisición de habilidades lectoras e de escrita en idades temperás, para o que pensan en elaborar xogos, láminas, abecedarios, etc.

As responsábeis do método Colega son Teresa Fuciños, María Carmen García Vila e María Xosé Rodríguez Ares.

Fonte: Vieiros

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego