CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9028 votos
Votar | | | |


09-09-2009

III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da CoruñaA Deputación da Coruña, coa organización e xestión da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), promove o III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña, que terá lugar o 21 de outubro no Pazo de Mariñán, en Bergondo.

[Programa completo en .pdf (1,44 MB)]

OBXECTIVOS DO ENCONTRO
  • Pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística

  • Debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego

  • Dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local

  • Deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións

TEMAS QUE SE TRATARÁN
  • Política lingüística en concellos rurais de maioría galegofalante

  • Colaboración e coordinación entre os SNL locais e a SXPL da Xunta de Galicia. A rede de dinamización lingüística

  • Propostas e posibilidades de desenvolvemento conxunto de accións entre a deputación e os concellos da provincia

  • 25 aniversario da Declaración de alcaldes de Compostela

  • Un exemplo de proxecto de planificación lingüística. O modelo Burela

PARTICIPACIÓN

Poden participar neste encontro alcaldes e alcaldesas dos concellos da Coruña; responsábeis políticos/as municipais da área de política lingüística; técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da Coruña, entidades implicadas na normalización lingüística (institucións, asociacións, empresas...)

É necesario confirmar a asistencia até o 15 de outubro nos teléfonos 981 080 358 ou 981 080 300 extensión 4340 e 4361, ou no enderezo electrónico normalizacion.lingüística@dicoruna.es.

DATA

Mércores 21 de outubro de 2009

LUGAR

Pazo de Mariñán (Lugar de Mariñán s/n, Bergondo).

PROGRAMA DO ENCONTRO

10.00 h: Recepción de participantes

10.15 h. Inauguración do encontro
-Nel Vidal Barral, presidente da CTNL
-Xoán Manuel Sande, deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

10.30 h. Concellos rurais de maioría galegofalante. Que cómpre facer polo galego?
-José Muíño Domínguez, alcalde do Concello de Cabana de Bergantiños [+]
-Andrés Feal Varela, alcalde de Monfero [+]
-Manuela García Freire, alcaldesa de Vilsantar [+]

-Conduce o debate: Xosé Manuel Pereiro, xornalista [+]

12.00 h. Pausa e café compartido

12.30 h. Colaboración entre os servizos de normalización lingüística locais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A rede de dinamización lingüística
- Anxo M. Lorenzo Suarez, secretario xeral de Política Lingüística

13.30 h. Proposta e posibilidades de desenvolvemento conxunto de accións de normalización lingüística entre a Deputación e os concellos da provincia
- Deputación da Coruña
- Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística

14.30 h. Xantar conxunto

16.30 h. 25 anos da Declaración de alcaldes de Compostela de 1984
-Xerardo Estévez, alcalde do Concello de Santiago de Compostela en 1984 [+]
-Xosé Luís Barreiro Rivas, conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia en 1984 [+]

17.45 h. Un exemplo de proxecto de planificación lingüística. O modelo Burela. Proxección do documental, presentación do proxecto e análise e debate sobre as posibilidades de traslado do modelo a outros concellos
-Bernardo Penabade, coordinador do proxecto de planificación lingüística de Burela [+]

18.30h. Conclusións e resumo humorístico da xornada narrado polo actor e monologuista Carlos Blanco [+]

PROMOVE: Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

ORGANIZA E XESTIONA: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

Localización do Pazo de Mariñán


Visualizar o mapa ampliado


Ligazóns relacionadas


Programa do III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego