CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


5094 votos
Votar | | | |


16-09-2009

O Consello da Cultura Galega presenta un seminario sobre "Lingua, sociedade e política en Galicia" e unhas Xornadas sobre a Carta europea das linguas rexionais e minoritarias

Consello da Cultura Galega (CCG)Un seminario sobre "Lingua, sociedade e política en Galicia", que se desenvolverá entre decembro de 2009 e xuño de 2010, e unhas xornadas sobre a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, en febreiro de 2010, serán as contribucións que a respecto da cuestión lingüística ofrecerá nos vindeiros meses o Consello da Cultura Galega.

O Seminario sobre "Lingua, sociedade e política en Galicia" [.pdf] desenvolverase en catro sesións. A primeira, o próximo 1 de decembro, analizará a situación sociolingüística actual. A segunda, en marzo de 2010, xirará arredor dos modelos posíbeis de oficialidade e da regulación lingüística no sistema educativo. A terceira sesión ocuparase da situaciòn nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico e a cuarta reflexionará sobre os modelos de convivencia para o futuro e elaborará as conclusións.

REFLEXIÓN E ANÁLISE
Henrique Monteagudo salientou a necesidade de "análises certeiras e fondas reflexións" sobre a situación e os problemas do idioma galego e indicou que no seminario "teranse en conta o marco estatal español e o ámbito luso-brasileiro". Relatores de moi diversas especializacións e procedencias reflexionarán e debaterán neste foro. Para a primeira sesión foron convocados Albert Branchadell, Fermín Bouza, Antón Losada e Mauro Fernández Rodríguez. Na segunda contarase con Ángel López García-Molins, Peter A. Kraus, Josu Mezo, Alba Nogueira e Bieito Silva.

CARTA EUROPEA
As Xornadas de análise sobre a Carta europea das linguas rexionais e minoritarias (CELRM) [.pdf], referente obrigado das políticas lingüísticas no estado español, celebraranse os días 22 e 23 do próximo mes de febreiro. Contarán con relatores como Eduardo Ruiz Vieytez, J. M. Pérez Fernández, Gwyn Parry, Robert Dunbar, Anna Pla, Jaume Vernet, Angels Orriols, Elizabeth Craig, Íñigo Urrutia, Eva Pons, Iñaki Lasagabaster, Santiago Castellá e Antoni Milian. "Trátase de analizar o papel da Carta europea no noso contorno en sectores como o ensino, a xustiza, a comunicación, a cultura, as actividades socioeconómicas ou os intercambios transfronteirizos", indicou Alba Nogueira, coordinadora das Xornadas.

O CONSELLO E A LINGUA
Ramón Villares afirmou en resposta á pregunta dunha xornalista que, como membro da Real Academia Galega, compartía e asumía as palabras pronunciadas recentemente polo seu presidente, Xosé Ramón Barreiro Fernández, en relación coa situación e o futuro do galego. Polo que respecta ao Consello da Cultura Galega indicou que está a preparar un informe sobre a lingua, onde se recolle a doutrina forxada pola institución ao longo dos anos e plasmada en distintos traballos e estudos, que se publicará sen demora.


Fonte: web do CCG

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego