CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


9389 votos
Votar | | | |


18-09-2009

Praza de técnico/a de normalización lingüística do Concello de Dodro

Concello de DodroO Concello de Dodro convoca unha praza en réxime laboral, con carácter temporal a media xornada, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación é de dez días naturais que contarán dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Coruña (18/09/2009).

O sistema de selección será o de concurso, en que se valorarán os méritos seguintes:

Experiencia laboral. Máximo 4 puntos.
1.1) Como normalizador/a lingüístico/a:
– Na administración pública: 0,20 puntos por mes de servizo.
– Na empresa privada: 0,10 puntos por mes de servizo.

1.2) Como profesor/a de lingua galega en colexios públicos ou privados.
– 0,15 puntos por mes de servizo.

1.3) Pola impartición de cursos de lingua galega.
– Menos de 20 horas: 0,10 puntos.
– De 20 a 49 horas: 0,30 puntos.
– De 50 a 99 horas: 0,50 puntos.
– De 100 horas ou máis: 0,70 puntos.

1.4) Pola realización de prácticas profesionais ou traballos como bolseiro a relacionados co posto:
– 0,05 puntos por cada 100 horas realizadas.

2.–Formación. Máximo 3 puntos
2.1) Asistencia a cursos, congresos, simposios, directamente relacionados coas tarefas a desenvolver e cursos de informática.
– Menos de 10 horas: 0,05 puntos.
– de 10 a 24 horas: 0,15 puntos.
– de 25 a 49 horas: 0,40 puntos.
– de 50 a 99 horas: 0,50 puntos.
– de 100 horas ou máis: 1 punto.

A fase de oposición consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego, nun tempo máximo dunha hora. A puntuación máxima será 10 puntos, debendo acadar un mínimo de 5 puntos.

Por último, realizarase unha entrevista persoa sobre as tarefas para desenvolver e méritos que se aleguen, e estará dirixida a apreciar a adecuación entre o aspirante e o perfil do posto de traballo. A puntuación será de 2 puntos.

Pode consultar as bases nesta ligazón

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego