CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9535 votos
Votar | | | |


25-09-2009

A plataforma Prolingua convoca a súa asemblea constituínte

ProlinguaA plataforma de persoas Prolingua, a prol da defensa e promoción da lingua galega, celebrará a súa asemblea constituínte o 3 de outubro en Santiago de Compostela. Nesta plataforma poden participar persoas a título individual, mais non está permitida a participación de colectivos.

ProLingua é unha plataforma creada por persoas que ten como obxectivos a promoción do galego e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación. Para isto, declara como obxectivos irrenunciábeis a totalidade dos contidos da actual Lei de normalización lingüística de 1983 e o Plan xeral de normalización da lingua galega de 2004.

Prolingua estabelece como único requisito para as persoas que desexen pertencer a ela a intención de se comprometeren na defensa da lingua galega e na promoción do seu uso en todos os ámbitos, tanto públicos coma privados.

Nesta plataforma só poden participar persoas a título individual, pois non está permitida a participación nin a colaboración de colectivos. Ademais, segundo declaran no seu sitio web, Prolingua "nunca se sumará a ningunha acción allea" e, ademais, "cando nunha acción figure o logo de ProLingua nunca poderá figurar ningún outro".

A asemblea desta Plataforma terá lugar o día 3 de outubro ás 11.30 h na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego