CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8049 votos
Votar | | | |


28-09-2009

Os/as tradutores/as galegos/as celebran o Día internacional da tradución

Marila AleixandreO 30 de setembro é o Día internacional da tradución, que este ano se celebra co lema "Traballar en común". En Galiza, os/as profesionais do sector conmemorarán a data cunha homenaxe a Marilar Aleixandre e cunha conferencia do sudanés Daoud Hari.

ACTOS ARREDOR DO DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN

Homenaxe a Marilar Aleixandre
Día: mércores 30 de setembro
Hora: 20.00 h
Lugar: Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela
Organiza: Asociación de Tradutores/as Galegos/as (ATG), Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) e Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura

Ciclo de actividades e mesas redondas relacionadas coas profesións da
tradución e a interpretación

Data: 30 de setembro
Hora: a partir das 10.00 h
Lugar: Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
Organizado por: Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo

Conferencia de Daoud Hari
Data: 20 de outubro
Hora: 20.00 h
Lugar: Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela
Organiza: AGPTI e ATG, co financiamento da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura

Daoud Hari é autor da obra The Translator, onde relata a súa experiencia como intérprete en Darfur. Daoud Hari é un home da etnia sudanesa dos zaghawa que, cando comezou o conflito de Darfur, se converteu en intérprete de xornalistas (The New York Times, BBC, etc.) e ONG internacionais, poñendo constantemente en risco a súa vida co único fin de que o mundo soubese o que estaba a suceder no seu país.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego