CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9383 votos
Votar | | | |


13-10-2009

Recursos para a lingua. Un proxecto do SNL do Concello de Cerceda para difundir entre o persoal

Recursos para a lingua. SNL do Concello de CercedaO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda está a traballar nun recurso interactivo para difundir entre o persoal do Concello e entre todas as persoas interesadas: os Recursos para a lingua.

O principal obxectivo é achegar unha serie de recursos para reforzar a competencia lingüística do persoal a través de fornecer algunhas ligazóns relacionadas coa lingua, como dicionarios, manuais de dúbidas ou de estilo, correctores ortográficos…

O recurso consiste nun CD que se distribuirá entre os traballadores e traballadoras e aínda que, ao mesmo tempo, tamén estará instalado na rede interna do Concello.

O multimedia está dividido en diferentes seccións: dicionarios e vocabularios, linguaxe administrativa, recursos electrónicos, lexislación e outras ligazóns. En cada unha delas achegamos as ligazóns e documentos na rede máis importantes.

Polo momento, o recurso está en fase de elaboración e pode descargarse na Forxa de Mancomún, tanto en formato .ISO para copiar nun cedé como en .ZIP para modificar. Ao mesmo tempo, estase a elaborar un pequeno manual para que todas aquelas persoas que queiran modificar o recurso e adaptalo, por exemplo, ao seu lugar de traballo, poidan facelo. Este manual está dispoñíbel nesta ligazón [.pdf].

Nas vindeiras semanas, o recurso distribuirase entre o persoal do Concello de Cerceda.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego