CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


9649 votos
Votar | | | |


26-10-2009

Drástica redución dos orzamentos da Xunta para a Política Lingüística, que sofren unha caída de máis do 20%

VALORACIÓN XERAL DA CTNL DOS ORZAMENTOS DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA EN 2010

Orzamentos 2010Os orzamentos que a Xunta lle dedicará á Política Lingüística en 2010 sofren un drástico recorte de máis do 20% tanto con respecto ao 2009 como con respecto aos últimos orzamentos do goberno presidido por Fraga en 2005, o que desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) se considera un moi grave paso atrás que acrecenta a regresión na política lingüística do goberno galego.
Ofrecemos aquí unha valoración completa e publicamos os datos concretos de evolución do orzamento da SXPL entre 2005 e 2010.

  • Mentres os orzamentos xerais da Xunta baixan un 0,4%, os dedicados a Política Lingüística baixan máis dun 20%.

  • A Xunta reduce os recursos para campañas de normalización da lingua nun 36% (case dous millóns de euros menos).

  • Tamén se reducen dun xeito moi importante os recursos que se lles dedican a empresas editoriais para proxectos en lingua galega (-50%), a asociacións sen fin de lucro (-25%) ou aos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino públicos (-20%).

  • A única partida que ten un incremento minimamente significativo é a dedicada aos centros de estudos galegos no exterior, que sobe un 14,6% (no marco dunhas contas que baixan máis do 20%), o que indica que a SXPL prioriza as actividades no exterior antes que a promoción do galego no propio país.

  • O goberno presidido por Núñez Feijóo dedicaralle á lingua en 2010 catro millóns de euros menos dos que lle dedicou o goberno presidido por Manuel Fraga en 2005, hai cinco anos.

Os orzamentos que a Xunta lle dedicará á Política Lingüística en 2010 sofren un drástico recorte de máis do 20% tanto con respecto ao 2009 como con respecto aos últimos orzamentos do goberno presidido por Fraga en 2005, o que desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) se considera un moi grave paso atrás que acrecenta a regresión na política lingüística do goberno galego.

Desde a CTNL, entidade que agrupa a gran maioría de traballadores/as de normalización da lingua, considérase que é nas contas públicas onde mellor se reflicten as prioridades políticas de quen as elabora, polo que este proxecto de orzamentos demostra, unha vez máis, que o goberno da Xunta só está disposto a dar pasos atrás no proceso de normalización da lingua galega, incumprindo así os acordos aos que se chegou por unanimidade no Parlamento galego (Lei de normalización lingüística e Plan xeral de normalización da lingua galega), nos que se especifica que a normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo, e en ningún caso regresivo.

O proxecto de orzamentos presentado polo goberno galego reflicte que, mentres as contas xerais baixan levemente con respecto a 2009 (-0,4%), as dedicadas á lingua fano de xeito drástico (-20%), tanto con respecto a 2009 como con respecto ao último orzamento aprobado polo goberno presidido por Manuel Fraga en 2005. Así, en 2010 dedicaránselle á lingua 3.907.351 € menos que en 2009 e 4.258.302 € menos que en 2005.

Practicamente todas as accións importantes da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) sofren un importante recorte. Redúcense os recursos para campañas de normalización da lingua nun 36% (pois pásase de 5.236.835 € a 3.337.000 €, case dous millóns de euros menos), do mesmo xeito que se reducen drasticamente partidas tan importante como as que se lles dedican a empresas editoriais para proxectos en lingua galega (-50%), a asociacións sen fin de lucro (-25%) ou aos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino públicos (-20%).

As contas reflicten que as prioridades están na promoción exterior
A única partida que ten un incremento minimamente significativo é a dedicada aos lectorados e centros de estudos galegos no exterior, que sobe un 14,6% (no marco dunhas contas que baixan máis do 20%), o que indica que a SXPL prioriza claramente as actividades no exterior antes que a promoción do galego no propio país, onde, loxicamente, se deberían centrar os recursos e os esforzos.

Mentres tanto, para o fomento do uso do galego desde as administracións locais a cantidade practicamente segue sendo a mesma que en 2009 (e que en 2005), cunha contía total de arredor dos 800.000 €. Se, como se anuncia desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Administración local constitúe a vía de dinamización lingüística prioritaria e se vai poñer en marcha a Rede de dinamización lingüística local, esta partida económica tería que ter un claro e significativo incremento, pois sería a única maneira de potenciar a creación e estabilización dos servizos de normalización lingüística locais, unidades técnicas coas que se pretende formar esa Rede de dinamización lingüística local a través da cal desenvolver accións dinamizadoras espalladas por todo o territorio galego e dirixidas a todos os sectores e ámbitos sociais.

Grave retroceso
Estas contas son un moi grave retroceso para a planificación lingüística no noso país que, desde a CTNL, non podemos deixar de denunciar, e lévannos a estar incluso moi por debaixo dos recursos que se lle dedicaban a esta materia en 2005. En termos relativos, mentres en 2005 o goberno de Fraga lle dedicou á política lingüística o 0,23% do orzamento total da Xunta, en 2010 o goberno de Núñez Feijóo dedícalle o 0,14%, o que quere dicir que se en 2010 se lle dedicase a mesma porcentaxe que en 2005, a partida sería de 26.153.304 €, isto é, 10.580.671 € máis que a cantidade asignada no proxecto de orzamentos. E en termos absolutos, o goberno presidido por Núñez Feijóo dedicaralle á lingua en 2010 catro millóns de euros menos dos que lle dedicou o goberno presidido por Manuel Fraga en 2005, hai cinco anos.

Por todos estes motivos, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) pedimos unha rectificación por parte do goberno para que este proxecto de orzamentos sexa modificado no seu trámite parlamentario.

DOCUMENTOS

NOS MEDIOS

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego