05-11-2007Convocadas as probas para a obtención dos certificados Celga 1 e Celga 4
No DOG do luns 5 de novembro está publicada a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1 e Celga 4.
Poderán presentarse a estas probas as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2007, nacionais ou estranxeiras, con DNI ou pasaporte vixente.
Prazo de inscrición:
- Para o
Celga 1: até o día
16 de novembro de 2007 (inclusive)
- Para o
Celga 4: ata o día
28 de novembro de 2007 (inclusive)
Datas de realización das probas:
-
Celga 1:
1 de decembro de 2007 (sábado), ás 9:00 h
-
Celga 4:
15 de decembro de 2007 (sábado), ás 9:00 h
Lugares onde se van realizar as probas:
A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo.
Contía das taxas de exame: 15 euros
Inscrición: poderase realizar mediante a presentación da solicitude que figura no anexo I da convocatoria.
Desenvolvemento das probas:
-
Celga 1: a proba escrita terá unha duración de 2,30 horas, das 9.00 h ás 11:30 h da mañá. Ás 13.00 h comezarán as probas orais e os/as aspirantes serán chamados/as por orde alfabética (a-z). A proba oral terá unha duración de 15 minutos, aproximadamente, e será realizada por dous/dúas técnicos/as avaliadores/as.
-
Celga 4: a proba escrita terá unha duración de 3 horas, das 9.00 h ás 12.00 h da mañá. Ás 13.00 h comezarán as probas orais, os/as aspirantes serán chamados/as por orde alfabética (a-z). A proba oral terá unha duración de 20 minutos, aproximadamente, e será realizada por dous/dúas técnicos/as avaliadores/as.
O texto íntegro da convocatoria,
aquí.