CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


11208 votos
Votar | | | |


24-11-2009

Revisar a corrección, métodos para un asesoramento lingüístico eficiente, inaugura a colección de materiais de referencia Documentos CTNL

Revisar a corrección. Documentos CTNL 1A CTNL inicia unha colección de documentos electrónicos de apoio, análise e proposta co obxectivo de facer máis eficaz o traballo en normalización lingüística. A colección iníciase con «Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística», de Manuel Bermúdez Blanco.

Revisar a corrección, para un asesoramento lingüístico eficiente

Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística procura reformular os labores de corrección e darlles sentido no proceso social de normalización da lingua galega. Esta formulación baséaa o autor en dous piares: equilibrar os esforzos que os SNL lle dedican á corrección de textos e que a propia tarefa da corrección non quede na simple reparación de erros, senón que persiga a formación dos/as produtores/as dos textos.

Para isto, analízase a corrección de textos nun SNL, a corrección procesal, os límites, a xestión, as técnicas, a didáctica e o aspecto da corrección e chégase a unha serie de conclusións finais. E todas estas análises e propostas son froito da experiencia práctica do traballo durante anos do autor nos labores de asesoramento dun SNL universitario.

Coa edición deste documento a CTNL pretende facer máis eficiente o traballo de cara ao incremento do uso e do prestixio da lingua galega desde os servizos de normalización lingüística.


O autor

Manuel Bermúdez Blanco é desde hai anos responsábel técnico da Área de Asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela. Está especializado en asesoramento lingüístico e ten feitas diversas análises e propostas sobre corrección e didáctica da corrección para diferentes accións formativas. Foi durante varios anos membro da xunta directiva da CTNL.


A colección

Documentos CTNL é unha colección de documentos electrónicos que nace co obxectivo de elaborar, compilar e difundir materiais de referencia para o apoio, análise e proposta sobre o traballo en normalización lingüística.

Todos os documentos se publicarán no sitio web da CTNL en formato .pdf, e están editados nun formato sinxelo e axeitado tanto para seren lidos e consultados en pantalla como para seren impresos en tamaño folio. Os arquivos compilaranse no apartado «Colección Documentos CTNL» de «O Andel da CTNL». A edición dos materiais non terá unha periodicidade concreta, mais a pretensión é editar un ou dous documentos por ano.

O obxectivo da colección é a formación e proposta para facer máis eficiente o traballo de cara ao incremento do uso e do prestixio da lingua galega, e ante as insuficiencias de formación especializada e de materiais técnicos, a colección supón cubrir unha carencia e unha demanda do sector.

Para a edición dos materiais a CTNL conta coa axuda económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, enmarcada no convenio de colaboración anual entre as dúas entidades.

Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística. Descarga o documento completo en .pdf [1,39 MB]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego