CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7948 votos
Votar | | | |


25-11-2009

Unha fin de semana na Coruña para AchegArte aos produtos e servizos culturais en galego

AchegArteO sábado 28 e o domingo 29 de novembro ten lugar na Coruña a feira AchegArte, herdeira circunstancial do Cultur.gal, e que ten como obxectivo a promoción dos produtos e servizos en galego dos ámbitos da música, da literatura, do audiovisual, das artes escénicas, da xestión sociocultural, etc. Actividades de todo tipo, para todos os públicos e a todas horas animarán a venda e exposición de servizos e produtos por parte das preto de 100 entidades participantes dos diferentes sectores.

Libros, discos, filmes, banda deseñada, concertos, maxia, recitais, teatro, presentacións, prensa, obradoiros, camisolas, danza, graffiti, contacontos, representacións, ilustración, curtametraxes, palabras..., lingua. Esta fin de semana do 28 e 29 de novembro o Palexco da Coruña será un fervedoiro de imaxinación e creatividade. Alí estará toda A cultura que facemos. A cultura que queremos.

Case 100 entidades dos sectores do libro, as artes escénicas, a música, o audiovisual, as artes plásticas, etc., danse cita na Coruña para presentar, difundir e achegarlle á cidadanía as súas propostas, as súas producións, o seu traballo, os seus produtos e servizos. Editoriais, librarías, asociacións profesionais, asociacións culturais, compañías de teatro e danza, produtoras musicais, discográficas, produtoras audiovisuais, etc. Toda a industria cultural galega se dá cita esta fin de semana en Palexco.

Aínda que a lingua galega é o vínculo de unión de toda a feira, participarán ademais unha serie de entidades concretas máis directamente relacionadas co traballo en normalización lingüística, como por exemplo A Mesa pola Normalización Lingüística, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, a Plataforma Queremos Galego ou a Real Academia Galega.

O completo programa abrangue máis de 100 actividades a todas horas e para todos os públicos, con concertos como os de Xabier Díaz, Roi Casal, Mamá Cabra, Bonovo, Luar na Lubre, etc.; actividades escénicas como as de Chévere, Femme Fatale, Teatro do Morcego, Talía Teatro, Manicómicos, etc.; proxeccións audiovisuais; obradoiros de maxia, banda deseñada, ilustración, teatro, etc.; presentacións de libros, discos, proxectos, etc., por parte de Manuel Rivas, María Reimóndez, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Pilar García Negro, Real Academia Galega, Clúster Audiovisual, Implicad@s no desenvolvemento, Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, Academia Galega do Audiovisual, etc.

AchegArte. A cultura que facemos. A cultura que queremos, está organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, coa colaboración da Deputación da Coruña, e naceu ante a suspensión este ano do Cultur.gal por parte da Xunta de Galicia.

Descarga aquí a información e o programa completo en .pdf


HORARIO

Sábado 28: de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 22.00 h

Domingo 29: de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21.00 h


Entrada de balde!

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego