CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


11576 votos
Votar | | | |


26-11-2009

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística,polo sistema de concurso oposición e para a contratación na modalidade de laboral temporal de duración determinada. O prazo para presentar solicitudes é de 10 días naturais.


As taxas que haberá que aboar por dereitos de exame fíxanse nun importe de dezanove euros e vinte e sete céntimos de euro (19,27 €), de acordo coa ordenanza fiscal reguladora en vigor.

Para tomar parte nas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ter a nacionalidade española ou ser nacional doutro estado membro da UE ou daqueles estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 da Lei 7/2007 do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.

b) Ter cumprida a idade de dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión de Titulación de enxeñaría técnica, diplomatura universitaria, arquitectura técnica, formación profesional de terceiro grao ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Posuír a capacidade funcional para desenvolver as tarefas habituais da praza á que se aspira.

e) Non ter sido separado, mediante un expediente disciplinario, do servizo do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Idéntico requisito esixirase aos nacionais dos demais estados membros da UE, no seu caso.

As solicitudes de participación nas distintas probas selectivas presentaranse mediante unha instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Oleiros no modelo oficial que se facilitará na dita entidade para o efecto.

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Oleiros, durante o prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (26 de novembro). As instancias tamén poderán remitirse en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Á instancia achegaranse inescusablemente:

a) O resgardo normalizado acreditativo do pagamento das taxas por dereitos de exame nas entidades colaboradoras (Caixa Galicia; Caixanova; La Caixa; Banco de Santander; Banco Pastor; BBVA) ou xiro postal/ telegráfico remitido ao seguinte enderezo:

Xestión Tributaria Recadadora
Avda. Ernesto Che Guevara nº 12, baixo
15172 - Perillo
Oleiros - A Coruña

b) A fotocopia do DNI ou da documentación equivalente.

c) O orixinal ou a fotocopia compulsada do título esixido na base 5.c para participar neste proceso selectivo.

d) Unha relación circunstanciada dos méritos que se aleguen, unindo á devandita relación os documentos xustificativos destes (orixinais ou fotocopias compulsadas), xa que non se tomarán en consideración, nin se avaliarán, aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, no momento da presentación da instancia e dentro do prazo conferido para a súa presentación.

1.- Proceso selectivo

FASE DE CONCURSO

A fase de concurso, que será previa á da oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición libre. A puntuación máxima que se conseguirá nesta fase será de 11 puntos.

Para o devandito concurso acompañarase unha relación circunstancial dos méritos que se aleguen, unindo á devandita relación os documentos acreditativos destes (orixinais ou fotocopias compulsadas). Non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non queden acreditados no prazo de presentación de instancias como segue:

- Os servizos prestados na Administración pública, mediante certificación expedida pola autoridade ou polo persoal funcionario competente, que reflicta o corpo ou o grupo profesional de pertenza.

- Os servizos prestados en empresas privadas, mediante a presentación do modelo oficial de certificado de empresa ou certificado de vida laboral aos que se deberán acompañar, inescusablemente, os contratos de traballo debidamente rexistrados polo INEM.

- Os diplomas ou documentos que acrediten a realización dos cursos deberán expresar a duración en horas ou xornadas completas e, expresar con suficiente claridade o seu contido básico.

- Os traballos relacionados co posto de traballo por publicación, edición ou corrección deberán constar fehacientemente acreditados documentalmente.

Os méritos valoráranse do seguinte xeito con referencia á data en que remate a presentación de instancias:

1. Experiencia laboral como técnico de normalización linguüística: máximo 6 puntos

a. Na administración pública: 0,20 puntos por mes de servizo

b. Na empresa privada: 0,10 puntos por mes de servizo

c. Traballo como bolseiro dun servizo de normalización lingüística da Administración pública (ata 1 punto): 0,1 punto por cada 100 horas

d. Como profesor en lingua galega (ata un máximo de 1,5 puntos): 0,2 por cada curso impartido.

Non se computarán os servizos inferiores ao mes, entendéndose estes de trinta días. Deduciranse proporcionalmente aqueles servizos prestados a tempo parcial.

2. Formación: máximo 4 puntos

a. Asistencia a cursos, congresos, simposios, directamente relacionados coas tarefas a desenvolver e cursos de informática:

- Menos de 20 horas: 0,10 puntos

- De 20 a 49 horas: 0,25 puntos

- De 50 a 100 horas: 0,50 puntos

- De máis de 100 horas: 0,75 puntos

b. Por cada título oficial superior das escolas oficiais de idiomas: 0,5 puntos

3. Traballos realizados relacionados co posto de traballo: máximo 1 punto

-Por publicacións: 0,5 por cada publicación como autor o coautor

-Por edición: 0,25 puntos por cada publicación como editor

-Por corrección: 0,25 puntos por corrector de cada publicación

Ningún mérito poderá utilizarse para puntuar en máis dun apartado.

Antes da fase de oposición libre procederase á publicación no taboleiro de edictos do Concello, da puntuación asignada aos aspirantes no concurso e o lugar, data e hora do comezo das probas selectivas da fase da oposición libre.

FASE DE OPOSICIÓN

A lectura dos exercicios poderá ser pública e terá lugar nos días e horas que sinale o tribunal, e expoñerase no taboleiro de edictos do Concello e preferentemente, despois da finalización do correspondente exercicio.

Ao remate de cada sesión farase pública no taboleiro de edictos do Concello a lista de aprobados.

Primeiro exercicio:

De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na realización dun exercicio escrito dunha hora e media de duración que consistirá na resposta de cinco preguntas sobre o temario anexo.

No exercicio terase en conta a calidade lingüística e será cualificado, en total, de 0 a 10 puntos e será necesario para aprobar obter a puntuación mínima de 5 puntos.

Segundo exercicio:

De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en realizar un suposto práctico sobre as funcións a desenvolver polo persoal técnico de normalización lingüística, ou a elaboración total ou parcial dun programa de normalización lingüística.

O tempo de realización deste exercicio será dunha hora e media. Nel tamén se terá en conta a calidade lingüística. A puntuación total será de 0 a 20 puntos, e será necesario para aprobar obter un mínimo de 10 puntos.

ANEXO TEMARIO

Tema 1. Historia externa da lingua. Formación do galego. Evolución do seu uso e status.

Tema 2. Situación sociolingüística de Galicia. Bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico, substitución e normalización. Factores sociais: lealdade lingüística, cambio lingüístico, prestixio e promoción social.

Tema 3. Situación sociolingüística do galego. Coñecemento, usos e actitudes.

Tema 4. A lexislación lingüística. O marco normativo xeral. A Lei de normalización lingüística. A normativa no ámbito local e na función pública.

Tema 5. Definición e obxectivos da planificación lingüística. A normalización lingüística. Criterios de elaboración dun plan de normalización lingüística. A dinamización dentro da planificación lingüística.

Tema 6. Os servizos de normalización lingüística: definición, organización e funcións. A dinamización, a formación e o asesoramento desde un SNL. Principais recursos para o traballo dun SNL.

Tema 7. Liñas xerais do proceso de normalización lingüística nos ámbitos educativo, institucional, socioeconómico e da comunicación en Galicia.

Tema 8. As institucións, os organismos públicos e as organizacións sociais relacionados coa normalización lingüística. Política lingüística na Administración local galega: a intervención desde os concellos.

Tema 9. A formación do estándar. O estándar e as variedades xeográficas. Desviacións da norma. A norma: proceso de fixación e principais características.

Tema 10. Variedades estilísticas, rexistros e tecnolectos. A linguaxe administrativa: características xerais. A formación do modelo galego.

Podes consultar a convocatoria completa nesta ligazón.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego